Moitas nais e pais pregúntanse que facer coas criaturiñas durante as vacacións. Hai vida máis aló do centro comercial. E tamén hai vida máis aló de grandes desprazamentos. Unha das cousas que se poden facer, creo que xa o dixen máis veces, é descubrir a natureza na cidade e, en particular, as aves.
Un breve paseo polo Parque da Música e o seu lago artificial fai que pequenos e grandes poidan ver cousas coma estas sen esforzo ningún.

Un martiño peixeiro (Alcedo atthis)

A garza real (Ardea cinerea)
E mesmo podemos telas realmente cerca!
Moi boas Xabier, xa hai algúns días que atopei o teu blog e estiven lendo algunhas publicacións, paréceme increíble o coidado que pos en cada unha delas e, sobre todo, o interesantes que resultan. Paréceme de vital importancia coñecer as especies que nos rodean, e en moitas ocasións as máis doadas de ver son as aves, xa que moitos mamíferos non están activos polo día. Por outro lado, sempre é un placer saber que hai xente á que lle gusta a ornitoloxía na cidade, xa que ós que nos gustan as aves non somos un grupo moi “nutrido”… Tamén me resulta moi agradable que lle transmitas o teu coñecemento sobre a natureza ás túas fillas, nótase que aínda queda xente cuxas preocupacións son distintas a que roupa comprar ou que móbil escoller. Pois nada, solamente pedirche unha cousa, que sigas publicando estes ‘posts’ que a labor divulgativa na cidade é moi necesaria, canto máis da man dun experto. Un saúdo.
Graciñas Miguel!
Ultimamente non publico moito por falta de tempo pero aí continuamos!
Moitas gracias Miguel, seguirei publicando inda que ao poucos que non só de blogs vive o paxareiro! 😀