Acerca de min

Non teño unha idea moi clara de como, sendo moi neno, me interesei pola natureza. Simplemente lembro que sentía pracer. Pracer de estar no medio do bosque, de camiñar pola beira dun río, de soñar con explorar dunas e selvas, de contemplar paisaxes insólitas: lémbrome de moi neno, quizais con 8 anos, esperto sen que ninguén me avisara de madrugada no tren entre Lugo e Madrid para contemplar dende a ventanilla os berrocais do Sistema Central e intuír o Monte do Pardo antes de entrar na Estación do Norte. Simple contemplación. Máis tarde comecei a interesarme por como se chamaba cada bicho que vía, sempre con certa frustración de autodidacta limitado. Por suposto ter a oportunidade de ver na tele El hombre y la tierra de Félix Rodríguez de la Fuente sen dúbida  acabou de empuxarme por ese camiño (como máis tarde faríao ler os divertidos libros autobiográficos de Gerald Durrell).  Aos 13 anos merquei uns prismáticos por 2.100 pesetas que me permitiron achegarme ás aves, que contaban con guías lixeiramente mellores (nada que ver coas actuais, magníficas para cada case rincón do planeta). Houbo entón dous momentos clave. Unha mañá dun domingo de verán indo na parte de atrás do coche en dirección a praia identifiquei eu só unha ave rapaz. Tratábase dunha tartaraña cincenta (Circus pygargus) – aguilucho cenizo en castelán-, que pasou a poucos metros nunha área de pasteiros entre a provincia de Lugo e Coruña. Quedei impresionado por este animal. E tamén por min mesmo! Cómo fora capaz de idenficar a especie sen mirar a guía nese momento? Pouco despois pasoume o mesmo con outra especie: unha parella de cardeales (Pyrrhula pyrrhula) – camachuelos- que se acariñaban o peteiro no bosque próximo á casa familiar onde nacera o meu pai, nunha aldea a poucos quilómetros da cidade de Lugo. Dous momentos que me arrastraron a observar aves.

E a defendelas. A miña biografía non estaría completa sen a militancia activa ecoloxista dende, creo lembrar, os 14 anos. Xa se sabe, comeza un polas aves e acaba falando sobre hidrocarburos aromáticos policíclicos.

Máis tarde, como non podía ser doutro xeito, estudei bioloxía e adícome a consultoría ambiental dende hai anos, sendo as aves un dos meus eixos de traballo.

Agora vivo en Santiago de Compostela e teño 2 fillas pequenas ás que trato de ensinarlles, sen obsesións, o meu amor pola natureza e as aves en particular. Aínda que non sei se é posible ensinalo nin moi ben como guiarme; quizais simplemente haxa que transmitir entusiasmo.

Colaboro con diferentes organizacións ornitolóxicas e conservacionistas e traballo nunha empresa propia Habitaq SL. Somos os responsables da organización do turismo ornitolóxico para Turgalicia, para quen creamos numerosos roteiros para a observación de aves en Galicia, algúns deles en cidades e, en particular, en Santiago de Compostela

Aquí podedes ler algún artigo, antigo, meu. E aquí algún máis actual.

María, que pertence a esa sufrida subespecie, a de muller de paxareiro e que debuxa con asombrosa facilidade pintounos a maior e a min así despois dunha visita a Monfragüe.

María, que pertence a esa sufrida subespecie, a de muller de paxareiro e que debuxa con asombrosa facilidade pintounos á maior e a min así despois dunha visita a Monfragüe.

Xabier Vázquez Pumariño (maio 2013)

Formulario de contacto:

 

Advertisement

Unha opinión sobre “Acerca de min

  1. É curioso, pero a min tamén me marcou moitisimo a serie El Hombre y la tierra e os libros de Gerald Durrell (Ex Mi familia y otros animales). Comenzei tamén polas especies derivando posteriormente máis o meu interés hacia os procesos e funcionamento de ecosistemas. Moitisimas coincidencias nas vivenzas que me levaron ao final s estudiar bioloxía.

Algún comentario?

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s