Observa aves nas áreas urbanas de Galicia

Un dos nosos traballos máis satisfactorios foi elaborar para Turgalicia un traballo de consultoría sobre os mellores lugares de Galicia para a observación de aves e, polo tanto, para o turismo ornitolóxico. Por suposto, engadimos unha serie de rutas urbanas. Neste senso as cidades galegas teñen un extraordinario recurso ao alcance de todos pero aínda pouco coñecido. Aquí están os links:

A Coruña e arredores: flanqueada por unha ría adéntrase no mar. Un lugar excepcional para aves acuáticas e mariñas.

Lugo: un monumento histórico, a muralla, é tamén o sorprendente hábitat de multitude de aves. Dende alí podemos divisar o gran río Miño e numerosos bosques que acollen aves ribereñas e forestais.

Ourense: a presenza do río Miño, de novo imprime carácter á comunidade aviar.

Pontevedra: a escasos minutos do centro podemos acceder a sorprendentes humedais, o fondo da ría, a Xunqueira de Alba, o río Gafos…

Santiago de Compostela: as súas grandes zonas verdes, dous pequenos ríos e a zona monumental ofrecen moito máis do que parece. E a poucos minutos podemos atoparnos con hábitats de entornos rurais que, inda que pequenos e aillados, gardan aínda un bo nivel de conservación.

Ría de Vigo: non por ser unha ría flanqueada prácticamente por cidade deixa de ter interese. Todo o contrario, invita a disfrutar das súas aves acuáticas e mariñas.

Ferrol e arredores. Comezando pola Malata, en plena cidade de Ferrol, chegamos rápidamente a tramos de costa dun excepcional interese e naturalidade.

5 opinións sobre “Observa aves nas áreas urbanas de Galicia

  1. Moi interesante, recentemente un colega vaixo o epígrafe de “xa que es biólogo” preguntoume se non sabia dun poster sinxelo para recoñecer aves nunha cidade?, por moito que busquei na rede non atopei moito, salvo aves mariñas ou de campo, tes algunha idea? un saudo Pablo

      • vaia, pois supoño que cambiaron a estructura da web ou algo así. De todos xeitos teñen unha sección de tenda, busca por alí a ver qué che din. Senón en Weboryx.com tamén. Graciñas

    • Non hai moita cousa realmente. SEO por exemplo ten unha guía moi breve das aves máis comúns que pode server. Ao principio o máis interesante pode ser ir mirando en internet.
      Tratarei de facer unha entrada coas aves máis comúns da cidade. Graciñas pola idea!

Algún comentario?

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s