Acerca de este blog

Saio ao campo menos do que quero. Quizáis esta afirmación para un montón de persoas podería ser completamente irrelevante. Aqueles que amen observar aves, e natureza en xeral, comprenderán que non o é. Citando a Edward. O. Wilson,

a profesión de naturalista non é mera actividade senón un honroso estado espiritual.

A todos os que nos gusta estar na natureza compartimos esta impresión inda que non a verbalicemos de xeito explícito. Quizáis sexa esto o que diferencia unha mera afición dunha pasión, dun modo de vida, dunha adicción a unha droga dura que, en vez de alonxarnos, nos achega ao máis ínitimo da natureza humana: simples mamíferos  que sobreviven de observar o seu entorno.

Como calquera outro mamífero e paxaro acompáñome agora de dúas pequenas das que coidarei durante máis tempo que calquera outra especie animal. Curiosamente danme outra oportunidade de redescubrir a natureza e as aves. A diario levo e recollo a maior ao cole, momento no que aproveito para ensinarlle as aves que vemos e non son poucas. Creo que non hai unha liña clara que divida a natureza da non-natureza, e o xeito que teñen as aves de colarse nas nosas ciudades é asomboroso. É o que lle trasmito a maior, polo momento. Merlos, paporubios, carrizos, gaivotas, lavandeiras, falcóns, rabirrubios, pegas, picas son algúns das nosas aves cotidianas.

Así que ao final si que saio ao campo. E con ollos novos.

Este blog pretende recoller únicamente reflexións e observacións. Pode ser de interese para outros pais e nais, para mestres quizáis que moitas veces se preguntan cómo “ensinar a natureza” nun entorno aparentemente hostil, con menos tempo do necesario para ir a entornos máis naturais. As aves son un asombroso portal de entrada aos procesos naturais, ao funcionamento do medio ambiente e a nosa relación con el. Inda que non só de aves vive o ornitólogo.

Sobre as fotos: as fotos son do autor salvo indicación contraria. De non ter eu fotos dispoñibles dalgunha aves, tratarei de incluír algunha con licencia creative commons. Se precisas algunha das fotos do blog, non dubides en poñerte en contacto con nos.

Advertisement

6 opinións sobre “Acerca de este blog

  1. Hace un tiempo recogimos en casa una cría de ave que encontramos en la calle, miramos alrededor y no localizamos nido alguno; era un polluelo sin plumas y con ojos saltones cerrados. Lo cuidamos en casa en una zona caliente de la casa y lo alimentamos con miga de pan empapada de leche, nos turnamos para darle de comer entre los miembros de la familia hasta que falleció 3 o 4 días después.
    ¿Qué se puede hacer en estos casos?

  2. Es una situación siempre complicada. Si no puedes localizar el nido es muy difícil sacar adelante las crías, requieren una alimentación adecuada, etc. y luego es también poco viable que la cría pueda sobrevivir sola en el campo. Cuando son algo más grandes suelen saltar del nido y aunque no vuelen los adultos los cuidan hasta que lo hacen, con lo que es importante dejarlos por el sitio. Un saludo!

  3. Gracias pola blog!
    Hola Xavier. Soy de Santiago, y de un tiempo a esta parte me coincide vivir cerca de uno de los parques grandes de Santiago. Supongo que nunca fui muy curiosa en cuanto a aves. Pero tengo una perrita de un año y pico y en nuestros paseos diarios por el parque, gracias a ella he empezado a fijarme en la diversidad y belleza de aves que tenemos, lo cual siendo sincera me resulta sorprendente.
    Poco a poco los voy googleando y reconociendo, al menos algunos. Y buscando buscando sobre aves en Santiago he dado con tu blog. Solo queria dejar una notita para decir que me encantó, que tienes una nueva seguidora, y que espero aprender un montón leyendo tus posts. Gracias por tomarte el tiempo de escribirlos.
    Unha aperta!

  4. Hola Xabier, gustaríame saber con qué equipo de fotografía contas, xa que quizáis empece eu tamén na fotografía de natureza. Moitas gracias!

  5. Olá Miguel. Case prefiro non dar marcas comerciais. Penso que ter unha cámara réflex a día de hoxe cun bo obxectivo segue sendo o mellor a pesar de outros avances tecnolóxicos. Hai 2 marcas líder, Nikon e Canon. Dentro destas 2 marcas, para paxaros, débese buscar preferiblmente unha réflex en formato DX (Nikon) ou Apsc (Canon). En canto a obxectivos, hai que pensar en partir dun de 300 mm (eu uso un zoom de ata 400 mm). Afortunadamente no mercado agora hai obxectivos zoom de 400 mm ou máis a prezos competitivos e de moi boa calidade.
    Se queres máis detalles, case prefiro en privado por non contar o que teño eu en concreto.

Algún comentario?

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s