As aves urbanas

É un feito: a maior parte da poboación mundial vive en cidades. Mentres, seguimos pensando en termos dicotómicos: natural/artificial. Creo que non existe tal dicotomía. O ser humano non é máis que un outro elemento da evolución da vida sobre a Terra. Senón fora así para qué preocuparnos, para qué pensar de onde sacar a comida, a enerxía, qué nos importarían as enfermedades causadas por virus ou bacterias, o clima, as colleitas, a produción do oxígeno… Creo que un mundo plenamente artificial non deixa de ser un pesadelo utópico.
Si que hai un certo gradiente entre moi natural e pouco natural. E as cidades son pouco naturais, en termos xerais, dependen da biodiversidade e a enerxía exterior para ser habitables polos simios bípedos. Obviamente a moitos gustaríanos un mundo que tendera máis a naturalidade e con seguridade que nos gustaría pasar máis tempo en ambientes salvaxes, ou polo menos pouco humanizados. Pero como eso non pode ser – como decía, para a maior parte da poboación mundial- por qué desaproveitar a natureza que se cola polos nosos poros de artificialidade? Nas cidades temos insectos, prantas silvestres, fungos, bacterias, mamíferos e por suposto aves, a fracción máis observable de todos os vertebrados. Disfrutar da súa beleza e diversidade, de que nos guíen por procesos naturais próximos é unha gran oportunidade a carón da porta da casa. 

Moitas especies aproveitan, con éxito precisamente, os hábitats artificiais e seminaturais que temos creado. Ónde vivirían os pardais se non houbera cidades e pobos? ónde os veloces e indómitos vencellos? e ónde poñerían os seus niños as anduriñas de cú branco? Hai mesmo cidades con tantas aves silvestres ameazadas que mesmo teñen a categoría de ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves)., tal é o caso de Almendralejo, en Extremadura.

Así que, disfrutemos das aves próximas e amosémoslles aos máis pequenos que vivimos acompañados.
As aves urbanas, como ben explica a miña amiga Martha Argel ofrecen unhas posibilidades extraordinarias para a educación ambiental. Nalgúns lugares como Cáceres mesmo teñen unha festa para elas e organizacións como o Grupo Naturalista Hábitat teñen interesantes iniciativas para coñecelas. Incluso protagonizan películas como Birders: The Central Park Effect  ambientada en Nueva York, paradigma do urbano no século XX e tamén no XXI.

Portada-Aves-Pontevedra-AR-247x300As aves urbanas teñen igualmente algunha aplicación directa interesante. Por exemplo, nos temos elaborado un atlas das aves da área urbana da cidade de Pontevedra e, unha vez feito, correlacionamos a riqueza de aves coa calidade de vida nesta área urbana: a maior número de especies, máis variedade de ambientes e máis calidade dos mesmos. As aves son consideradas frecuentemente como indicadores da calidade de vida,  xunto, claro está, a outros moitos. Dende a páxina de descargas de HábitaQ SL podes acceder a descargar este traballo. 

Advertisement

Algún comentario?

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s