Santiago de Compostela

Santiago DC

Creo que precisamente o entorno de Santiago de Compostela non ten un nivel de conservación que permita presumir moito. Polo menos en comparación con outras cidades nas que vivín (Lugo, León) ou que coñezo. O entorno doutras cidades ten amplas áreas naturais próximas ou, senón naturais, polo menos paisaxes agrosilvopastorais máis ou menos ben conservadas. Tampouco ten unha diversidade de ambientes particularmente destacados que permita ter unha biodiverisade alta.

O entorno de Santiago de Compostela está composto básicamente por desertos. Desertos? Si, desertos: as grandes extensións de eucaliptais son o máis parecido a un deserto que podemos atopar por aquí. Non hai que esquecer que 1. son un cultivo, 2. son, xeralmente, un cultivo intensivo, 3. é un cultivo de especies exóticas e 4. é masivo, non se limita a pequenas parcelas diseminadas. Polo tanto, nestes lugares non imos localizar moitas especies de aves (nin de ningunha outra cousa) e as que hai son vulgares, no senso de que son extraordinariamente comúns en moitos diferentes ambientes. Desertos verdes, desertos de clorofila. Hai quen se conforma con que o entorno sexa verde. Ás persoas que nos gusta observar á natureza, o criterio de cor é claramente insuficiente e mesmo frustrante.

E o que non son eucaliptais, son piñeirais, con bastantes similitudes.

Por outra banda o entorno compostelano está rodeado de aldeas-dormitorio e esa cancro chamado urbanización dispersa que transforma un espacio rural en… en…., en qué? espazos que non gozan das vantaxes de ser cidade nen das vantaxes de ser rural pero si, quizáis, de todos os seus inconvintes. Casas por todos lados, estradas pequenas, medianas e grandes, pistas, naves industriais… Un panorama pouco alentador, non? Bueno, só a medias. Tamén podemos dicir que os ríos Sar e Sarela, ademáis do Tambre, non quedan lonxe. No seu entorno todavía atopamos bosques lineais ben conservados, algúnhas carballeiras, fragmentadas, aguantan o empuxe urbanizador; aínda podemos ver algunhas zonas con pastizais e cultivos cun aspecto máis ou menos tradicional que acollen fauna, neste caso aves, de medios agrícolas, tan amenazadas agora en toda Europa.

Pero a cidade en si é estupenda. Santiago de Compostela é coñecida por ser final do Camiño, un invento estratéxico medieval que deveniu en itinerario cultural e en ruta turística, coñecida polo seu patrimonio: por algo é unha das trece cidades Patrimonio da Humanidade declaradas en España; vivimos nela pero non por iso podemos deixar de asombrarnos a diario da súa beleza pétrea.  No seu casco vello e edificios vetustos, coa catedral como buque insignia atopamos aves máis propias de medios rupícolas que de cidades. E os parques e xardíns, realmente excepcionais polo seu número, tamaño e mesmo naturalidade nalgúns casos. Case poderíamos dicir que as mellores carballeiras do Concello están no interior da cidade, blindadas ante a estulticia urbanizadora e trasnformadora. No parque da Alameda, a 1 minuto (o tempo en que tarda en poñerse o semáforo en verde) atopamos unha carballeira espléndida máis propia do interior de Lugo que da alterada provincia de A Coruña. E non é a única, temos a de S. Lourenzo, a de Eugenio Granell, a Selva Negra… Entra aquí se queres coñecer os parques e xardíns de Santiago de Compostela.

Podes estar aquí en poucos segundos dende o extremo da zona vella

Podes estar aquí en poucos segundos dende o extremo da zona vella

E por suposto atopamos dous pequenos ríos, ou regatos, según se mire: o Sar e o Sarela que flanquean a cidade e gracias á súa naturalidade e relativo bo estado de conservación fan de cinto verde e de corredor ecolóxico.

O Sarela tras unha noite de chuvia

O Sarela tras unha noite de chuvia

É posible que nunha cidade atopemos case un cento de especies de aves? morcegos? lontras? teixugos e raposos? que os sapiños comadróns canten nas noites cálidas a escasos metros do tráfico? que as garzas pesquen alleas aos estudiantes que chegan tarde á clase? que os corvos mariños grandes sequen a súa plumaxe mentres vixilan os cans e os seus donos? que un falcón peregrino abata unha pomba sobre a cabeza dun rapaz diante da farmacia Valdés Cabo no cantón do Toural?.   Si, todo eso e moito máis.

DSC_2472

Advertisement

3 opinións sobre “Santiago de Compostela

  1. Hola, encántame a idea do blog, e como a fixeches, espero que sigas publicando entradas tan boas como as que tes ata agora (seguro que si).

    Sabela.

Algún comentario?

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s