Chegaron o día 29 de abril á cidade. De quen falamos? pois obviamente da especie de ave migratoria por excelencia que todos temos a carón da nosa casa. Dunha das aves de voo máis espectacular, da que ten unha das formas de vida máis asombrosa: do vencello común (Apus apus), andurón ou círrio, pois todos estes nomes recibe en galego.
O ano pasado, co mal tempo que tivemos toda a primavera, practicamente chegaran un mes máis tarde. Neste ano, foron puntuais na cita coa cidade. Aproveita para observalos en calquera lugar nos momentos nos que non chove. Como saberás marchan cedo, á finais de xullo – principios de agosto.
Por outra banda non esquezas que esta fin de semana, o 9 e 10 de maio celébrase o World Migratory Bird Day. Observar vencellos e ensinarllos aos máis pequechos é un bo xeito de facelo.