Onte pola tarde, nun lugar tan pouco atractivo, en principio, para as aves como a Praza Roxa, en pleno ensanche compostelano atopamos un cadáver. Inmediatamente chamou a nosa atención e puxemos moito empeño en sacar conclusións. En primeiro lugar observamos que se trataba dun picafollas ibérico (Phylloscopus ibericus – mosquitero ibérico), un paxaro máis propio de bosques e campiña inda que tamén o podemos atopar nos parques. Pero qué facía alí morto, no medio un entorno de cemento? e cómo morrera?
Vimos que tiña danos no peteiro, cabeza e pescozo. Logo de mirar para o chan un pouco decidimos levantar a cabeza e isto foi o que nos atopamos:
Ni máis nin menos que unha barreira de cristal a uns 3 metros de altura. Escudriñando o cristal poidemos ver unha pequena mancha de sangue. Deducimos que o picafollas pasara por alí, non vira o cristal (eu opinaba que non se veía ben, a Rubia que o picafollas debía de estar enfermo) e chocara contra el. Apoveitei para contarlle a cantidade de aves que morren contra os cristais dos edificios ao longo de todo o mundo, e mesmo que un neno inventara un sistema para que eso non ocurra.
E moito ollo! estas barreiras de cristal están de moda e podemos velas habitualmente en moitos edificios modernos.