Chegaron os vencellos

Hoxe, 5 de maio a Rubia e mais eu, indo ao cole, escoitamos e observamos os primeiros vencellos (Apus apus) do ano en Santiago de Compostela, procedentes de África: a primavera, o bo tempo e os días longos xa están aquí!! Xusto 20 días antes que o ano pasado, pero uns 10 máis tarde do que era habitual (cambio climático?)

_DSC9441

Advertisement

Vencellos no serán. E máis!

Tras unha fría primavera cargada de auga, no que so os días longos lembraban a esta estación do ano, parece que por fin viñeron algúns días cálidos. Son os días ideais para disfrutar dos vencellos (Apus apus) no serán. Entre lusco e fusco, baixan ás áreas de cría, interaccionan e cazan insectos. Todo elo con espectaculares maniobras a velocidades incríbles e, cun pouco de sorte, a escasos metros das nosas cabezas. Así que fumos ao parque de Santo Domingo de Bonaval a velos.

Imaxe

Efectivamente, podemos ver nubes deles enchían o ar tanto coa sus presenza como cos seus característicos berros.

Imaxe

WP_20130628_009

Tamén contemplamos a contraluz unha escena que adianta -xa!- as seguintes tempadas: un bando de estorniños negros (Sturnus unicolor) voaba entre os vencellos: unha especie estival e que inverna en África, esta última, xunto con outra residente que chama a atención por formar grandes bandos en outono e inverno. De momento o bando era pequeno -quizáis xóvenes do ano, individuos non reproductores- pero cada semana medrará máis.

Imaxe

Logo aínda nos deu tempo a intentar ver outros vertebrados – alimentámonos no só de aves!-. así que nos diriximos ao barrio do Carmen, onde sobre o río Sarela, nestas noites cálidas, soen voar e cazar varios morcegos comunes (Pipistrellus pipistrellus). Inda que esta vez non houbo sorte. Noutra noite cálida, hai un par de meses, ata 4 exemplares pasaban rozando as nosas cabezas. Toda unha experiencia ao alcance de calquera.

_DSC9929

Aves en … Lugo

En ocasións para facer algo ben chulo non fan falla uns recursos espectaculares. O máis importante é o entusiasmo dun grupo de persoas que quixeron celebrar en Lugo o Día Mundial das Aves Migratorias. Aquí e aquí podedes ter algo máis de información sobre este evento internacional do que xa falei.

Razóns para facer unha celebración en Lugo, precisamente, hai moitas. Unha delas é que unha das aves migratorias máis fascinantes, da que xa din boa conta, os vencellos, cirrios ou anduróns -vencejos en castelán- (Apus apus), ten en Lugo, particularmente na súa muralla romana unha das colonias máis importantes de Galicia, senón a máis grande. Espectaculares bandos pasan a escasos centímetros das persoas que no serán pasean polo adarve. A cuestión é que este importante patrimonio histórico – e natural- precisa ser mantido: a vexetación medra nas súas grietas e hai que retirala. O triste é que ás autoridades non se lles ocurre mellor idea que facelo botando herbicida. E non so aves, a cantidade de lagartixas, por exemplo, que podemos (ou polo menos, podíamos) atopar é importante.  Así que o de onte foi un acto festivo pero tamén reivindicativo. Algún medio de comunicación recolle o evento.

Pola mañán houbo unha intervención artísitca de Luz Darriba e pola tarde, en representación da SGO,  fun guiar unha pequena excursión polo adarve para observar as aves e charlar sobre elas. Nuns poucos de metros poidemos ver algunhas especies ben chulas.

Imaxe

Grupo de entusiastas observadores de aves na muralla

Centrámonos en ver e charlar sobre vencellos: a súa vida, para quen a descubre, é sorprendente. Pasan con nos, criando, uns meses -de abril a xullo-, logo regresan a África. En toda a súa vida so se pousan para reproducirse, esto é nun niño que debe estar colgado nalgún edificio; aliméntanse, beben, durmen e copulan no aire, non é absolutamente asombroso? A gran cantidade de preguntas que suscitaron é boa mostra do fascinante da súa vida. Aquí podemos ver unhas cantas imaxes dos vencellos

ImaxeImaxeImaxeImaxe

Se ben, unha das especies que máis asombrou aos esforazados observadores (non é broma, o frío que ía era para pensalo) foi o falcón peregrino (Falco peregrinus). Dende finais dos 80 esta especie é común na cidade, chegando a criar, algún ano, na catedral, e noutras ocasións en diferentes edificios da cidade.

falcon lugo1falcon lugo pequenofalcon lugo 2Compre resaltar que observamos numerosas grallas pequenas ou corvos cereixeiros (Corvus monedula) – grajilla en castelán-. É este un córvido que ten por costume nidificar tamén en entornos urbanos, concretamente en vellos edificios e nas grietas dos novos como poidemos comprobar, inda que tamén podemos atopalo facendo niños en cortados rochosos do interior e da costa. Nos últimos anos, en Galicia, esta especie non está precisamente no seu mellor momento de conservación polo que foi declarada ave do ano 2013 pola SGO, sendo obxecto dun seguimento específico. En Lugo, afortunadamente, aínda parece unha especie frecuente que, confiada, permite deleitarse coa sua elegancia austera.

Imaxe

Pero ainda houbo máis: pegas (Pica pica), merlos (Turdus merula) que en Lugo teñen o nome de checorosas, pardais (Passer domesticus)…, e como postre, un millafre negro (Milvus migrans) – milano negro- outra ave migratoria que, seguramente, procedente das beiras do Miño, decidiu a dar un paseo urbán.

Imaxe

Lembrade que aquí podedes ver máis información sobre as aves urbanas en Lugo así como os mellores roteiros e lugares para observalas.

E, a miña noraboa ás organizadoras!

Vencellos 3: Xa están aquí

Chegaron. Apenas unhas horas despois de escribir que ainda non chegaran, aquí están. Os vencellos, en realidade, non chegan senón que irrumpen. Creo que esta palabra debeu xurdir cos eles. Unhas horas antes non había ningún, agora hai ducias enchendo o ambiente.

Aproveitando que era o día grande das festas da Ascensión e xa que fumos a feira, decidimos que a noria era o mellor lugar para comprobar se efectivamente chegaran. Só montamos a miña filla maior, a Rubia, e máis eu. A pequecha, a Loira, quedou en terra.

A noria nas festas da Ascensión

A noria nas festas da Ascensión

Ascendimos na noria da Ascensión. E efectivamente alí estaban!! había poucos pero eran perfectamente visibles. O frío seguía a ser insólito nesta época do ano, máis, arriba de todo, co vento que soplaba.

A rubia mirando os vencellos

A rubia mirando os vencellos

DSCN1260As vistas son magníficas

Máis tarde, xa na rúa poidemos observar moitos máis! A Rubia preguntome cal era a súa casa: quedei comprometido a ensinarlle niños de vencellos outro día.

Vencellos na rúa. Foto feita cunha cámara sinxela e recortada (comno se poderá apreciar).

Vencellos na rúa. Foto feita cunha cámara sinxela e recortada (como se poderá apreciar).

Vencellos 2

9 de maio. Os vencellos aínda non chegaron. Respecto ao ano pasado levan xa case 15 días de retraso (15!). A temperatura fora é realmente baixa para a época.

Vanse perder unha celebración: o día internacional das aves migratorias. Trátase dunha campaña de concienciación ambiental global creado polo PNUMA (o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente).

Aquí deixovos o video creado para o evento este ano 

Vencellos!!

ImaxeEsta primeira entrada non podía ser para outra especie: o vencello (Apus apus), tamén coñecido como cirrio ou mesmo anduróns (en castelán, vencejos). Digo que non podía ser para outra especie porque se trata dunha netamente urbana – e rural, claro- que cos seus berridos enche o aire das cálidas noites de primavera e principio de verán. Tanto é así que o meu pasiaxe infantil xogando na rúa en esta época é indisociable das súas chamadas. É unha especie interesante por moitas razóns que contarei outro día. Hoxe quero resaltar que estamos a 7 de maio (7 de maio!) e ainda non chegaron  a Santiago das súas africanas áreas de invernada. Esto é insólito porque normalmente chegaban ao redor do 25 de abril, pero este ano co frío e a chuvia estanse a retrasar en serio.

Están ás portas de chegar, en canto o fagan notarémolo e contarei máis cousas sobre eles.