Colaboracións!

O feito da observación de aves, dende a ornitoloxía profesional ata a o afeicioado máis casual, topouse cunha pequena revolución hai uns anos. Trátase da fotografía dixital. Con case calquera equipo pódense sacar fotos de aves, se ben en moitas ocasións con calidade limitata case sempre moi útiles para identificar a especie, a súa idade, sexo… para documentar a presenza de especies raras ou en situacións pouco comúns, etc. Mesmo é unha excelente ferramenta para aprender a identificalas: o que ata hai pouco era unha fugaz observación dunha especie descoñecida pódese tornar nunha imaxe que, con calma, nos permita identificar a ave en particular con tranquilidade na casa e rodeados de recursos a moreas, dende as clásicas guías a webs especializadas con miles de outras fotos…. As posibilidades son moitas: cámaras réflex con potentes obxectivos, compactas acopladas a prismáticos ou telescopios (a famosa técnica do digiscoping) e incluso móbiles acoplados tamén a diversa óptica.

Cos pequenos ocurre algo curioso: algo que xeralmente está fora do seu alcance visual – as aves sempre están lonxe para un neno- pasa a estar absolutamente próximo e polo tanto atrainte a idades temperás.

Nesta ocasión, o escritor e bo amigo Eduardo Estévez, tamén-cun-fillo-por-Compostela, fotografiou algunhas aves en Santiago de Compostela coa súa nova cámara dotada dun gran zoom nun formato case compacto. Sen dúbida un excelente xeito de inciarse e iniciar ao seu pequeno na curiosidade polo entorno. A súa primeira colaboración pode ser un pequeno catálogo de, quizáis, as tres especies máis comúns da cidade. Vexamos:

20130615_melro_macho_belvis_P1000012

Aquí podemos observar un macho adulto de merlo (Turdus merula), especie da que xa temos falado en ocasións.

20130623_lavandeira_belvis_P1000028

Unha ave típica de zonas con menos árbores como parques rúas, tellados, etc. e orixinalmente característica de medios agrícolas, a lavandeira branca (Motacilla alba).

20130623_melro_femia_P1000033

E aquí vemos outro merlo (Turdus merula) deste individuo podemos destacar que se trata de un polo volantón, esto é un xoven recén saído do niño, recoñecible pola súa plumaxe marrón con esas características pintas máis craras, sobre todo, polo peito.

20130623_pardal_P1000041

E por último un pardal (Passer domesticus), ave urbana por excelencia.

Así que xa sabedes, aproveitar estes novos recursos para aprender máis cousas.

Advertisement

Merlos

Unha das aves que constantemente poden ser observadas na cidade son os merlos (Turdus merula) – mirlo común en castelán-. Realmente é unha especie común en calquera lugar que teña algún prado, unha horta… Na cidade, os parques, xardíns e hortas acollen a multitude deles. É moi frecuente observalos alimentándose de miñocas tras unha chuvia.

O que as veces pode sorprender é que aniñen de xeito descarado, prácticamente á vista de todo o mundo. Esta parella escolleu un lugar coñecido da Granxa do Xesto para poñer o seu niño. Podemos ver a femia chocando os ovos.

Imaxe

Sen dúbida falaremos moito máis de merlos!