Xa é primavera

Quizáis, o título deste post poida parecer un pouco atrevido de máis, sobre todo tendo en conta que vai frío dabondo e as chuvias, por se non tiveramos bastante, ainda non marcharon.

Pero obviamente falo de aves e para moitas delas o periodo reproductor, a primavera, xa comezou, timidamente, pero aí están iniciando unha nova tempada de cría. Mesmo algunhas aves que non están presentes na cidade no inverno, xa están a chegar. A cuestión é que chova ou vaia viruxe, moitas aves guíanse polo fotoperiodo para iniciar o periodo reproductor. Velaí os feitos:

Os xiríns (Serinus serinus) – verdecillos- comezaron a cantar xa hai uns 10 días. De momento son poucos e tímidos pero o seu canto é inconfundible.

Imaxe

As papuxas cabecinegras (Sylvia melanocephala) -curruca cabecinegra- da mata de silvas no camiño ao cole xa se fan notar co seu característico canto. Como característico é o canto dos ferreiriños reais (Parus major) – carbonero común-  que xa podemos escoitar en calquera parque

E as gaivotas patiamarelas (Larus michahellis), presentes todo o ano e que aniñan en moitos tellados da cidade xa toman posicións, perfectamente emparelladas, defenden o territorio e ainda lles queda tempo para facerse aloumiños e berrarlle ao vento.

 Imaxe

Así que xa sabedes, disfrutade axiña da primavera que logo pasa. E ademáis aínda podemos atopar algunha especie típica do inverno…

Máis aves comúns (Colaboracións 2!!)

De novo Eduardo Estévez envía algunhas fotos tomadas en entornos urbanos. Poderíase considerar que as primeiras fotos que saca son das aves máis comúns nunha cidade como Santiago de Compostela? creo que si.

Dende logo o máis cómún son os pardais (Passer domesticus) – gorriones comunes-.

ImaxeImaxe

Inda que tamén atopamos outra ave algo menos común, inda que non rara, tamén moi características de áreas de hortas e cultivos pero que vive moi ben en áreas urbanas sempre e cando teña árbores onde subirse, trátase do serín (Serinus serinus), -verdecillo- doadamente distinguible polo seu canto e coloración xeral.

Imaxe

E por últimos vemos unha estupenda foto dunha gralla pequena (Corvus monedula), especie moi interesante da que xa falei aquí.

Imaxe

Graciñas Edu!!