A pica dos prados: o inverno está aquí

Hai uns días, camiñando polo parque polo que pasamos a cotío para ir ao cole a Rubia e máis eu detectamos picas dos prados (Anthus pratensis)- Bisbista común, en castelán- . Delata a súa presencia o son máis que a vista e a súa presenza indícanos claramente que o inverno está aquí. As picas dos prados son uns pequenos paxariños que crían en paises máis septentrionais pero que durante os meses invernais acompáñannos en prados, pasteiros, dunas e, cómo non, nos prados que hai na cidade. Son pequenos, marronciños, pero de reclamo conspicuo e ledo e case sempre van en grupo. Aquí vos deixo unha foto de non moita calidade feita, curiosamente, nas rochas dunha praia.

Anthus pratensis