O 41 de maio veu frío e chuviñento, así que as miñocas estaban polo chan. Foi o que observamos indo ao cole. Xusto cando estabamos chegando, un dos habituais, o rabirubio (Phoenicurus ochruros) – ou colirrojo tizón en castelán- sorprendeunos apañando unha pequena miñoca na beirarrúa e levándoa no peteiro.
Realmente é sorprendente a importancia que poden ter estes anélidos, que mesmo unha especie que, en principio, non a debera ter na súa dieta, pois é netamente insectívoro, mesmo come un exemplar, pequeno eso si. Unha excelente observación a menos de 50 metros da porta do cole