Ben coñecido é que os gatos domésticos son uns grandes depredadores (oportunistas) de especies silvestres. Contabilízanse por millóns todos os anos as aves mortas por gatos domésticos. En todo o mundo… ou máis ben onde hai investigación ao respecto.
Pero non sempre unha escena de caza acaba con éxito. Neste caso un gato fronte a casa trata de capturar unha pega (Pica pica) – urraca en castelán- pero non o conseguen. Todo o contrio a voz de alarma das pegas escoitase a moita distancia e alarma a outros córvidos, non só pegas. Aí vos deixo un video grabado de xeito artesanal e de xeito espontáneo polo que a calidade non é espectacular.
Que as pegas (Pica pica) son moi listas xa o sabiamos todos. Agora ben, sen esforzo ningún podemos observar comportamentos asombrosos, de gran complexidade, entre outras cousas porque permite inferir que estas aves son capaces de planificar o futuro, cousa que, as veces, pensamos que é exclusivo da nosa especie.
Hai uns días, no pequeno parque a carón de casa, vimos unha pega con algo no peteiro, quedamos mirando a nenas e máis eu con atención, a só uns metros. A pega puxo o que levaba no pico entre unhas herbas e, para sorpresa nosa, desprazouse un par de metros e recolleu unha folla de magnolio que puxo sobre a comida. Logo marchou.
Fomos mirar o que era: un pouco de pan, perfectamente oculto. Velaí a foto.
Algunhas das escenas máis atraíntes cando falamos de fauna salvaxe, ou non tanto, son nas que podemos ver comportamentos diversos con depredadores. Sería posible observar unha escena así en plena cidade? e por unha nena de 2 anos? si.
Moitas veces temos falado aquí das pegas (Pica pica). Emiten un reclamo característico cando localizan e acosan un depredador, e iso foi o que escoitamos nun pequeno parque, ao pouco observamos como unha acosaba un gato doméstico (un dos depredadores máis perigosos nunha cidade). Como teñen o niño a carón, a pega foi moi atrevida, chegando incluso a picarlle no rabo mentres o gato daba conta dun pequeno polo da pega. Supervivencia urbana.
O panorama dos dumidoiros de aves en Santiago de Compostela non estaría completo se non mencionamos o existente no campus sur da USC, próximo á facultade de Farmacia e nun lugar transitado e coñecido.
Nunhas poucas árbores pódense contar, sen dificultade, unha gran cantidade de grallas pequenas (Corvus monedula) – Grajillas-, en torno aos 40 exemplares, xunto cuns 70 exemplares de pega (Pica pica) – urracas-. Sen dúbida un bo durmideiro comunal de córvidos sendo os primeiros, as grallas pequenas, como xa temos dito noutras ocasións, unha especie que se ben non está en perigo, si que está en regresión e non é descartable que poida ser cualificada nun futuro de vulnerable.
A tarde escollida para visitar este durmideiro non era boa. Levamos máis de dous meses golpeados por fortes borrascas do Atlántico, ou cicloxéneses explosivas como agora lles din, e este día había unha ben forte polo que foi difícil tomar boas imaxes e mesmo a Rubia a duras penas suxeitaba os seus prismáticos coas súas pequenas mans que se enfriaban rapidamente.
Qué preguntou a Rubia
Isto deu lugar a algunhas serias reflexións: cómo son capaces de suxeitarse as aves nas polas das árbores con este vento sen caer? e cómo son capaces de durmir con semellante meneo?
Como se pode ver nestes vídeos, suxeitarse e durmir nestas condicións non parece doado. O de suxeitarse é sinxelo: as aves, botándose cara adiante, automáticamente pechan os dedos das patas, exercendo unha gran presión cun mínimo esforzo, isto é, sen gastar apenas enserxía. O de durmir xa é outra cousa.
Hai uns días falábamos dos durmidoiros de estorniños, pero non é esta especie, ou para ser exacto, estas dúas especies, as únicas que forma durmidoiros espectaculares en plena cidade. Neste caso lembrámonos das nosas veciñas, as pegas (Pica pica) ou urracas, en castelán. Son moi comúns, como xa vimos noutras entradas, un córvido familar e listo, adaptable e que, debido ao común que é a especie, parece que non sempre sabemos apreciar a sua indubidable fermosura. Pois ben, esta especie agrúpase tamén en durmidoiros en árbores na cidade. Neles protéxense unhas a outras da posible presenza de depredadores, que na cidade son menos que no campo, xogan coa vantaxe de ter luz (das farolas) de noite e uns grados máis de temperatura. En Santiago podemos verlas no entorno do Auditorio de Galicia e no Campus sur. Deixámosvos unhas fotos tomadas xa de noite a luzo do flash e das farolas.
Hai uns días observamos a un grupo de pegas (Pica pica) buscar comida nunha bolsa de lixo. A penas un par de días despois observamos a outra pega cun comportamento moi habitual en córvidos en áreas urbanas – e incluso áreas de recreo-. Consiste en buscar a comida nas papeleiras, xa sabedes, alí onde acaban os curruscos dos bocatas das merendas, o cacho de xamón que cae ao chan. A foto, de móbil é francamente mala, pero podedes ver ao que me refiro.
Ao día seguinte, camiño doutro parque infantil en busca de toboganes e columpios á sombra, vimos a ave urbana por excelencia, o pardal común (Passer domesticus) cun comportamento que chamou a nosa atención. Qué estaba facendo en torno á unhas vetustas farolas? qué o levaba a picotear o cristal en pleno vo?
Achegámonos a mirar con detalle, había multitude de insectos mortos nos cristais, sen dúbida unha gran fonte de proteína!
Quizáis, como nos pasa a moitos humanos, os que teñen máis oportunidades de sobrevivir son os oportunistas (valga a redundancia), en definitiva aqueles que pillan o que poden cando poden. Hai que ser, non sei se intelixente, pero si bastante listo para conseguilo. É o que lle pasa a especies tan comúns e bonitas como as pegas (Pica pica), urracas en castelán. O dos córvidos é un grupo de aves cunha notable intelixencia que lle permite facer cousas realmente prodixiosas.
Todo esto ven a conto de que hai uns veciños que deixan a un pacífico can solto a maior parte do tempo e as veces prepara algunha trasnada. Hai uns días (ainda chovía!) sacou unha bolsa de lixo dalgún lugar e trasladouna ao xardín que hai frente á casa, deixouna abandoada ao pouco tempo, apenas pasaran uns segundos, un grupo de pegas botouse enriba da bolsa para buscar comida. Listas! rápidas! e decididas! (tres cualidades dignas de adminración). A foto non é moi boa porque está feita a través dos cristais.
E tamén hai uns días escribía sobre os merlos (Turdus merula) como bos consumidores dese gran recurso proteico que son as miñocas. Pois ben, poidenlle sacar unha foto a unha pega (Pica pica) – urraca en castellano- comendo unha en pleno campus sur.
Este só é un pequeno cacho dun dos parques polos que pasamos camiño do cole: hogar permanente de merlos, lavandeiras, rabirrubios e, en inverno picas dos prados (bisbitas comunes)
De novo hoxe, de camiño ao cole, continuamos o noso particular inventario, volvemos a rexistrar todas as especies detectadas, comprobando que, efectivamente, “faltaban” algunhas. Estas foron:
Liñaceiro (Carduelis cannabina – pardillo común) e
Cornacha (Corvus corone – corneja negra)
En total 4 especies máis que suman 10 nun recorrido de 8 minutos a ritmo de nena de 5 anos. Continuaremos informando porque aínda “faltan” máis especies: por exemplo os vencellos que estos días fríos e de ceo anubado, deben de estar voando por riba das nubes.