Máis aves comúns (Colaboracións 2!!)

De novo Eduardo Estévez envía algunhas fotos tomadas en entornos urbanos. Poderíase considerar que as primeiras fotos que saca son das aves máis comúns nunha cidade como Santiago de Compostela? creo que si.

Dende logo o máis cómún son os pardais (Passer domesticus) – gorriones comunes-.

ImaxeImaxe

Inda que tamén atopamos outra ave algo menos común, inda que non rara, tamén moi características de áreas de hortas e cultivos pero que vive moi ben en áreas urbanas sempre e cando teña árbores onde subirse, trátase do serín (Serinus serinus), -verdecillo- doadamente distinguible polo seu canto e coloración xeral.

Imaxe

E por últimos vemos unha estupenda foto dunha gralla pequena (Corvus monedula), especie moi interesante da que xa falei aquí.

Imaxe

Graciñas Edu!!

Advertisement

Colaboracións!

O feito da observación de aves, dende a ornitoloxía profesional ata a o afeicioado máis casual, topouse cunha pequena revolución hai uns anos. Trátase da fotografía dixital. Con case calquera equipo pódense sacar fotos de aves, se ben en moitas ocasións con calidade limitata case sempre moi útiles para identificar a especie, a súa idade, sexo… para documentar a presenza de especies raras ou en situacións pouco comúns, etc. Mesmo é unha excelente ferramenta para aprender a identificalas: o que ata hai pouco era unha fugaz observación dunha especie descoñecida pódese tornar nunha imaxe que, con calma, nos permita identificar a ave en particular con tranquilidade na casa e rodeados de recursos a moreas, dende as clásicas guías a webs especializadas con miles de outras fotos…. As posibilidades son moitas: cámaras réflex con potentes obxectivos, compactas acopladas a prismáticos ou telescopios (a famosa técnica do digiscoping) e incluso móbiles acoplados tamén a diversa óptica.

Cos pequenos ocurre algo curioso: algo que xeralmente está fora do seu alcance visual – as aves sempre están lonxe para un neno- pasa a estar absolutamente próximo e polo tanto atrainte a idades temperás.

Nesta ocasión, o escritor e bo amigo Eduardo Estévez, tamén-cun-fillo-por-Compostela, fotografiou algunhas aves en Santiago de Compostela coa súa nova cámara dotada dun gran zoom nun formato case compacto. Sen dúbida un excelente xeito de inciarse e iniciar ao seu pequeno na curiosidade polo entorno. A súa primeira colaboración pode ser un pequeno catálogo de, quizáis, as tres especies máis comúns da cidade. Vexamos:

20130615_melro_macho_belvis_P1000012

Aquí podemos observar un macho adulto de merlo (Turdus merula), especie da que xa temos falado en ocasións.

20130623_lavandeira_belvis_P1000028

Unha ave típica de zonas con menos árbores como parques rúas, tellados, etc. e orixinalmente característica de medios agrícolas, a lavandeira branca (Motacilla alba).

20130623_melro_femia_P1000033

E aquí vemos outro merlo (Turdus merula) deste individuo podemos destacar que se trata de un polo volantón, esto é un xoven recén saído do niño, recoñecible pola súa plumaxe marrón con esas características pintas máis craras, sobre todo, polo peito.

20130623_pardal_P1000041

E por último un pardal (Passer domesticus), ave urbana por excelencia.

Así que xa sabedes, aproveitar estes novos recursos para aprender máis cousas.

Oportunistas, 2

Hai uns días observamos a un grupo de pegas (Pica pica) buscar comida nunha bolsa de lixo. A penas un par de días despois observamos a outra pega cun comportamento moi habitual en córvidos en áreas urbanas – e incluso áreas de recreo-. Consiste en buscar a comida nas papeleiras, xa sabedes, alí onde acaban os curruscos dos bocatas das merendas, o cacho de xamón que cae ao chan. A foto, de móbil é francamente mala, pero podedes ver ao que me refiro.

WP_20130708_001

Ao día seguinte, camiño doutro parque infantil en busca de toboganes e columpios á sombra, vimos a ave urbana por excelencia, o pardal común (Passer domesticus) cun comportamento que chamou a nosa atención. Qué estaba facendo en torno á unhas vetustas farolas? qué o levaba a picotear o cristal en pleno vo?

DSCN2101

Achegámonos a mirar con detalle, había multitude de insectos mortos nos cristais, sen dúbida unha gran fonte de proteína!