Que facer en decembro

O traballo e outras cousas mantéñennos lonxe das aves próximas e deste blog. Pero non por iso hai que pensar que non observamos aves en Santiago de Compostela.

gabián (Accipiter nisus) – gavilán- : é unha rapina pequena e, aínda que común, poucas veces visible debido ao seu sixilo. É moi común en cidades con moitos parques e xardíns e así, nas últimas dúas semanas vímola dúas veces. Parece pouco pero non está mal para unha especie tan discreta. A primeira observación foi nas Brañas do Sar onde un bonito macho contemplounos camuflado entre as sombras dun salgueiro. A segunda observación foi, nin máis nin menos, dende o patio do cole das nenas; foi fugaz pois estaba de caza perseguindo a un grupo de lavandeiras brancas (Motacilla alba).

Accipiter nisus _2

Un gabián en voo

 

O falcón (Falco peregrinus): xa temos falado moitas veces desta especie. Varias foron as ocasións en que o temos visto, unha delas, tamén dende o patio do cole ben cedo.

Os durmidoiros de lavandeiras brancas (Motacilla alba). Sorprendentes por moito que un os mire un ano tras outro. Ao serán hai que ir á praza de Galicia ou á de Vigo; nas escasas árbores que teñen durmen varios centos delas que se reparten o espazo urbano. Se cadra tamén vedes o falcón tratando de pillar algunha!

Advertisement

O falcón peregrino

En moitas ocasións teño falado do falcón peregrino (Falco peregrinus) inda que sempre colateralmente. Non hai semana na que non o vexa polo menos unha vez o que me anima a cartografiar os puntos onde o teño observardo na mesma cidade. Cómpre dicir que non é un mapa de ónde está/n o/os falcón/s senón onde o teño observado, o que non é o mesmo, polo que a súa utilidade é de servir de mera guía de alerta para mirar cara arriba, non un cartografiado científico do uso que o falcón fai da cidade. Aquí tedes o mapa.

As veces baixo os posadoiros dos falcóns, onde despluman ás súas presas, podemos atopar resto da súa actividade, xeralmente as ás das súas presas unidas ainda polo esterno, como nesta foto tomada a carón da avenida de Barcelona:

HTC feb-marzo 2010 024

Mesmo sen prismáticos podemos observalo, aquí pousado cunha presa sobre o Hotel Peregrino (e non é un chiste, tan só coincidencia), a foto é moi mala, é de simple móbil.

IMAG0834

E por último deixovos unha foto dun falcón, inda que pousado na catedral de Lugo, non na de Santiago de Compostela.

falcon-lugo-pequeno

Falcón peregrino

Hoxe, días 18 de decembro, as 7.43 da mañá, un falcón peregrino (Falco peregrinus) abátese sobre unha pomba na céntrica praza de Vigo. Nese intre da mañá no que o día dubida se vencer á noite, unha sombra cruza a pocos metros dos edificios, confusión de pombas, e a sombra leva unha pomba nas poutas.

Unha escena de caza espectacular no medio da manda de humáns que nos afanamos en chegar a tempo ao traballo, ao mercado ou a levar os nenos ao cole, todos (case) alleos ao que nos rodea, preocupados cada un de si mesmo.

Non hai semana que non obseve un par de veces o falcón peregrino a carón dos lugares que frecuento.  Como escríba hai pouco, un falcón cazaba estorniños no serán e mesmo podía filmalo cun simple móbil. Isto ven a conto de que un xornal galego pon fotos dos estorniños mentres un falcón os acosa pero nada din desa cricunstancia. O coñecemento da nosa biodiversidade próxima é un elemento cultural máis, frecuentemente esquecido