Durmidoiros, espectáculo invernal 4

O panorama dos dumidoiros de aves en Santiago de Compostela non estaría completo se non mencionamos o existente no campus sur da USC, próximo á facultade de Farmacia e nun lugar transitado e coñecido.

Nunhas poucas árbores pódense contar, sen dificultade, unha gran cantidade de grallas pequenas (Corvus monedula) – Grajillas-, en torno aos 40 exemplares, xunto cuns 70 exemplares de pega (Pica pica) – urracas-. Sen dúbida un bo durmideiro comunal de córvidos sendo os primeiros, as grallas pequenas, como xa temos dito noutras ocasións, unha especie que se ben non está en perigo, si que está en regresión e non é descartable que poida ser cualificada nun futuro de vulnerable.

_DSC6177_DSC6181

 A tarde escollida para visitar este durmideiro non era boa. Levamos máis de dous meses golpeados por fortes borrascas do Atlántico, ou cicloxéneses explosivas como agora lles din, e este día había unha ben forte polo que foi difícil tomar boas imaxes e mesmo a Rubia a duras penas suxeitaba os seus prismáticos coas súas pequenas mans que se enfriaban rapidamente.

Qué preguntou a Rubia

Isto deu lugar a algunhas serias reflexións: cómo son capaces de suxeitarse as aves nas polas das árbores con este vento sen caer? e cómo son capaces de durmir con semellante meneo?

Como se pode ver nestes vídeos, suxeitarse e durmir nestas condicións non parece doado. O de suxeitarse é sinxelo: as aves, botándose cara adiante, automáticamente pechan os dedos das patas, exercendo unha gran presión cun mínimo esforzo, isto é, sen gastar apenas enserxía. O de durmir xa é outra cousa. 

Advertisement

A gralla pequena e os figos

Xa teño comentado en varias ocasións cousas acerca da gralla pequena (Corvus monedula): ave do ano para a SGO, típica de ambientes urbanos e rurais, que cría en edificios, pontes, etc e que está en regresión en toda a península.

Pois ben, nunca deixan de sorprender. Hai uns días pasei a carón dun pequeno xardín realmente próximo a casa. Alí hai unha figueira con figos maduros (ignoro por qué non os recollen!) e alí apareceu unha bandada de grallas pequenas a comer neles, serían uns 8 exemplares que se apresuraban a comer ante a miña presenza e a de máis viandantes. Tamén teño comentado que os oportunistas son os que sacan proveito para sobrevivir nas máis variadas circunstancias.

Saquei unha foto de móbil, de moi mala calidade, na que cun pouco de esforzo podemos distinguir algunha sombra negra: eso é unah gralla pequena.

grallas figueira

Máis aves comúns (Colaboracións 2!!)

De novo Eduardo Estévez envía algunhas fotos tomadas en entornos urbanos. Poderíase considerar que as primeiras fotos que saca son das aves máis comúns nunha cidade como Santiago de Compostela? creo que si.

Dende logo o máis cómún son os pardais (Passer domesticus) – gorriones comunes-.

ImaxeImaxe

Inda que tamén atopamos outra ave algo menos común, inda que non rara, tamén moi características de áreas de hortas e cultivos pero que vive moi ben en áreas urbanas sempre e cando teña árbores onde subirse, trátase do serín (Serinus serinus), -verdecillo- doadamente distinguible polo seu canto e coloración xeral.

Imaxe

E por últimos vemos unha estupenda foto dunha gralla pequena (Corvus monedula), especie moi interesante da que xa falei aquí.

Imaxe

Graciñas Edu!!

A gralla pequena, ave do ano 2013

A gralla pequena (Corvus monedula), en castelán grajilla,  é un pequeno córvido que vive e cría, xeralmente, de xeito social. Para aniñar escolle rochedos, cantís e, sobre todo, vellos edificios con ocos. Ten unha alimentación omnívora e, en Galicia, está en regresión. Quere esto dicir que cada vez parece haber menos. E non sabemos moi ben porqué. Por iso a Sociedade Galega de Orntiloxía (SGO) declarouna ave do ano 2013 e está a facer un singular esforzo colectivo por saber cántas hai e ónde, o primeiro paso para coñecer máis sobre elas e saber qué lles pode estar pasando.

Coincide que en moitas cidades e vilas, con cascos ou edificios históricos, son comúns e os sus característicos reclamos forman parte da paisaxe sonora destas. Así ocorre tamén en Santiago de Compostela onde podemos observalas na zona vella, na Alameda ou no Campus, sobre todo. Bo exemplo delo é que poidemos observalas sobre a mesma estatua de Méndez Nuñez na Alameda. Toda a familia puidemos disfrutar delas. Cando marchamos pensamos que ogallá non nos abandonen nunca e para iso, qué mellor que enviar todas as observacións da especie á SGO.

Estoico, Méndez Nuñez  recibe ás grallas pequenas

Estoico, Méndez Nuñez recibe ás grallas pequenas

Nesta entrada sobre aves en Lugo podedes ver unha foto máis detallada destes intelixentes córvidos.