Gato vs. pegas

Ben coñecido é que os gatos domésticos son uns grandes depredadores (oportunistas) de especies silvestres. Contabilízanse por millóns todos os anos as aves mortas por gatos domésticos. En todo o mundo… ou máis ben onde hai investigación ao respecto.

Pero non sempre unha escena de caza acaba con éxito. Neste caso un gato fronte a casa trata de capturar unha pega (Pica pica) – urraca en castelán- pero non o conseguen. Todo o contrio a voz de alarma das pegas escoitase a moita distancia e alarma a outros córvidos, non só pegas. Aí vos deixo un video grabado de xeito artesanal e de xeito espontáneo polo que a calidade non é espectacular.

Advertisement

Depredador acosado, supervivencia urbana

Algunhas das escenas máis atraíntes cando falamos de fauna salvaxe, ou non tanto, son nas que podemos ver comportamentos diversos con depredadores. Sería posible observar unha escena así en plena cidade? e por unha nena de 2 anos? si.

Moitas veces temos falado aquí das pegas (Pica pica). Emiten un reclamo característico cando localizan e acosan un depredador, e iso foi o que escoitamos nun pequeno parque, ao pouco observamos como unha acosaba un gato doméstico (un dos depredadores máis perigosos nunha cidade). Como teñen o niño a carón, a pega foi moi atrevida, chegando incluso a picarlle no rabo mentres o gato daba conta dun pequeno polo da pega. Supervivencia urbana.

gatopega1 gatopega2