Xa é primavera

Quizáis, o título deste post poida parecer un pouco atrevido de máis, sobre todo tendo en conta que vai frío dabondo e as chuvias, por se non tiveramos bastante, ainda non marcharon.

Pero obviamente falo de aves e para moitas delas o periodo reproductor, a primavera, xa comezou, timidamente, pero aí están iniciando unha nova tempada de cría. Mesmo algunhas aves que non están presentes na cidade no inverno, xa están a chegar. A cuestión é que chova ou vaia viruxe, moitas aves guíanse polo fotoperiodo para iniciar o periodo reproductor. Velaí os feitos:

Os xiríns (Serinus serinus) – verdecillos- comezaron a cantar xa hai uns 10 días. De momento son poucos e tímidos pero o seu canto é inconfundible.

Imaxe

As papuxas cabecinegras (Sylvia melanocephala) -curruca cabecinegra- da mata de silvas no camiño ao cole xa se fan notar co seu característico canto. Como característico é o canto dos ferreiriños reais (Parus major) – carbonero común-  que xa podemos escoitar en calquera parque

E as gaivotas patiamarelas (Larus michahellis), presentes todo o ano e que aniñan en moitos tellados da cidade xa toman posicións, perfectamente emparelladas, defenden o territorio e ainda lles queda tempo para facerse aloumiños e berrarlle ao vento.

 Imaxe

Así que xa sabedes, disfrutade axiña da primavera que logo pasa. E ademáis aínda podemos atopar algunha especie típica do inverno…

Advertisement

Santiago de Compostela, cidade de gaivotas

Retomamos a actividade do blog, logo dun mes, agosto, no que non estivemos por aquí. Observamos moitas aves, pero noutros lugares diferentes, as aves son viaxeiras natas e o observador de aves vai tras delas nunha sorte de peregrinación variable.

Comentabamos en datas anteriores, aquí e logo aquí, a nidificación de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) sobre o Hospital Gil Casares. Pois ben, pouco antes de marchar de vacacións un pracenteiro e familiar paseo casual pola zona vella permitiunos descubrir nunha das prazas máis bonitas de Europa (non, non é o Obradoiro), máis polos de gaivota. Dende a praza da Quintana e sobre a non menos famosa Casa da Parra, poidemos ver como uns adultos se pousaban e, inda que non levabamos prismáticos, fumos quen de descubrir uns polos xa bastante medrados que teñen unha privilexiada e monumental vista dende o seu patio de xogos. Fotografiámolos cunha pequena cámara compacta polo que as fotos non son boas mais serven para ilustrar esta entrada.

Adultos sobrevolando e pousados nos edificios circundantes puxéronnos sobre aviso

Adultos sobrevolando e pousados nos edificios circundantes puxéronnos sobre aviso

Vista do tellado, se vos fixades, aí están os polos

Vista do tellado, se vos fixades, aí están os polos

poliños recortados

E os polos pedíndolle comida a un proxenitor

E os polos pedíndolle comida a un proxenitor

Sería interesante coñecer cántas parellas de gaivota patiamarela aniñan en plena cidade e qué éxito teñen na reproducción, quizáis cambiaramos un pouco a nosa percepción da cidade e os seus tellados.

Os polos das gaivotas

Obviamente tiñamos que facer un seguimento de cómo van os polos de gaivota patiamarela (Larus michahellis) que hai sobre o hospital Gil Casares.

Aproveitando que pasamos por alí paramos a mirar un chisco, eso si, non levabamos nin prismáticos nin telescopio, así que tivemos que escudriñar o tellado a simple vista inda que si que nos axudamos dunha pequena cámara dixital. Pero foi sinxelo: era pola tarde, sol intensísimo e calor pouco habitual, no tellado unha única sombra. Alí estaban, puidemos ver dous, xa moito máis crecidos.

DSCN2120

Están os polos na foto? si, aí están:

DSCN2120 - copia

Como dicía ía unha calor terrible, hai un par de semanas o tempo era chuvioso e frío. E estes polos aí están, medrando. A fortaleza e capacidade das especies silvestres non deixan de ser realmente asombrosas.

Polos de gaivota

Poden pasar inadvertidos tres polos -ben gordiños- sobre un tellado sen practicamente lugar onde agocharse? Si, poden!

Santiago de Compostela, ao igual que en moitas cidades, pobos e vilas, da península Ibérica está habitada por unhas aves singulares, as gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) – gaviota patiamarilla, en castelán-. Singulares porque moitas desas áreas urbanas non teñen o mar cerca e, en principio, esta especie de gaivota é unha ave característica de entornos litorais. Agora ben, con tal  de ter algo de auga e boas fontes de alimentación poden vivir perfectamente nas áreas urbanas. E incluso chegar a nidificar, tal é o caso de moitas cidades e vilas galegas. Incluíndo Santiago. Aquí, esta especie criaba, ata non hai moito en diferentes tellados do casco vello, sendo francamente difícil avaliar a poboación nidificante de xeito preciso xa que para elo hai que ver as parellas e/ou os niños e iso é difícil se non tes acceso visual a todos os tellados da cidade. En Santiago de  Compostela estímase a súa poboación en 10 parellas mentres que en Pontevedra, por exemplo, estimamos que hai unhas 60 parellas. En España estímase que hai un mínimo de 4.598 parellas. Non está nada mal. 

O caso é que hai un par de anos, dende casa, viamos pasar moitas gaivotas pero con comportamentos territoriais, etc así que sospeitamos que tiñan que nidificar nun lugar próximo e pensamos qué tellado vello habería cerca (gustan de empregar tellados vellos, non os novos e lustrosos dos edificións máis modernos). Pronto dimos con el, nin máis nin menos que o tellado do vello Hospital Gil Casares, fronte ao moderno Hospital Clínico.

Así que este ano fumos ver en detalle cómo andaba a nidificación.

DSCN1785

Pero a tarefa era moi dura porque aínda que estabamos a ver un adulto, non viamos poliños por ningures, así que empregamos o telescopio

DSCN1782

E, francamente, estabámonos a desilusionar un pouco porque inda que observabamos ben o adulto, non había rastro de poliños. A Rubia continuaba enganchada ao telescopio e de pronto berrou “vexo polos, vexo moitos polos” completamente alporizada: acaba de descubrir ela soa, efectivamente, 3 polos de gaivota que, supoño eu, debían de estar escondidos tras unha das chemineas.

_DSC9745

Inmediatamente despois apareceu o outro adulto cun gran display

_DSC9751

Intentamos ver o outro lado do tellado, sospeitamos que podería haber máis parellas pero non atopamos ningún lugar con perspectiva.

Tamén o bo é que alí mesmo había un niño de merlo (Turdus merula), velaí o macho levando comida para os polos

_DSC9756

Aínda vimos máis cousas no breve paseo (antes de que a chuvia volvera). Unha familia de pegas (Pica pica)

_DSC9763

E xa na porta de casa, un polo volantón de rabirrubio (Phoenicurus ochruros) que mesmo pillou un insecto diante de nos.

_DSC9780

_DSC9777

E por último un macho de pardal (Passer domesticus) cun bo aporte para construír o niño.

_DSC9783

A historia non rematou aquí. Ao día seguinte -hoxe- a Rubia confesou que as gaivotas eran os seus paxaros favoritos e que quería facer un seguimento detallado dos poliños. Queda moito traballo…

Números. 2ª parte

Este só é un pequeno cacho dun dos parques polos que pasamos camiño do cole: hogar permanente de merlos, lavandeiras, rabirrubios e, en iverno picas dos prodos (bisbitas comunes)

Este só é un pequeno cacho dun dos parques polos que pasamos camiño do cole: hogar permanente de merlos, lavandeiras, rabirrubios e, en inverno picas dos prados (bisbitas comunes)

De novo hoxe, de camiño ao cole, continuamos o noso particular inventario, volvemos a rexistrar todas as especies detectadas, comprobando que, efectivamente, “faltaban” algunhas. Estas foron:

  1. Pega (Pica pica- pega)
  2. Gaivota patiamarela (Larus michahellis– gaviota patiamarilla)
  3. Liñaceiro (Carduelis cannabina – pardillo común) e
  4. Cornacha (Corvus corone – corneja negra)

En total 4 especies máis que suman 10 nun recorrido de 8 minutos a ritmo de nena de 5 anos. Continuaremos informando porque aínda “faltan” máis especies: por exemplo os vencellos que estos días fríos e de ceo anubado, deben de estar voando por riba das nubes.