Cristais que matan aves

Hai xusto un ano publicaba unha das primeiras entradas que titulamos “CSI Compostela. Ou o perigo dos cristais“. Pois ben, a moda de poñer cristais invisibles ás aves parece que vai a máis e o asunto xa podería estar a ter dimensións preocupantes. Unha visita recente á Cidade da Cultura amosounos o perigosos que poden ser. Nesta ocasión localizamos un ferreiriño azul (Cyanistes caeruleus) -herrerillo común en castelán- morto nuns cristais que a modo de barandilla flanquean algunha das baixadas da Cidade da Cidade da Cultura.

WP_20131005_001

WP_20131005_003 (1)WP_20131005_007Qué facer? o máis lóxico é non poñer este tipo de estruturas/trampa, con seguridade aos arquitectos ocórrenselles solucións igual de eficaces e menos daniñas. Para os que xa están postos pódense instalar vinilos con siluetas de rapaces para evitar a colisión, non facer “pasillos” visuais e, mellor aínda, vinilos só visibles no espectro ultravioleta que as aves detectan perfectamente e así poden esquivar este perigo, inda que tamén hai cristais anticolisión de aves.  E aquí podemos ver algún estudo dos moitos que hai xa que se calcula que anualmente son millóns as aves que morren por colisión con cristais.

Mentres, suma e segue.

Advertisement