Dura vida de cidade (2)

No xornal Daily Mail recollen unha investigación científica sobre as aves nas cidades. Resumindo. A vida na cidade é moi dura, as aves urbanas “érguense” 30 minutos antes que as súas veciñas no campo e “deitanse” 40 minutos máis tarde. Un desgaste tremendo. 

Aquí podedes ver a nova

Rapaces en plena cidade?

Sen dúbida, un dos grupos de aves que más atrae a todos, sexan principiantes ou profesionais, son as aves rapaces. Motivos, hai moitos pero eu destaco un, son depredadores, e a todos os pobos e culturas do mundo lles fascinan os depredadores (inda que, convertidos en obsesión, se afanen en perseguilos).

O centro dunha cidade non parece un bo lugar para depredadores, para aves rapaces en concreto. Pero haber hainas. Neste caso, a carón de casa, e mentres iniciaba a maior no baloncesto, observamos cicleando dous miñatos (Buteo buteo – ratonero común ou busardo ratonero), tamén coñecido, en galego, como miato, buxato, lamote, lamoeiro. Como podedes imaxinar tal cantidade de nomes pode indicar que está moi ampliamente distribuído, de feito é a rapaz máis abundante de Europa, e é doadamente visible.

Aquí, poño unha foto dun, un pouco mala, non teño outra a man.

Imaxe

Algúns rasgos para a súa identificación son apreciables na foto: cola en abanico, ás anchas, cabeza compacta, cores xerais pardas…

Continuaremos coas rapaces da cidade noutro momento, seguro que máis de un se sorprende…