O martiño peixeiro

Unha das cousas que se botan de menos en Santiago de Compostela, fronte a outras cidades galegas, é a existencia dun gran humidal próximo á cidade que acolla unha gran cantidade de aves acuáticas. Non entanto, temos no medio da cidade unha especie de pequeno humidal que non deixa de ter o seu interese.

Moitos veciños posiblemente quedarían sorprendidos se souberan que unha das aves con máis espectacular colorido de toda Europa e fascinantes costumes vive no medio de nós. Trátase do martiño peixeiro (Alcedo atthis) – martín pescador, en castelán. Azuis eléctricos de diferentes tonos no dorso, laranxas na parte inferior… pequeno e veloz. Pesca dende un posadoiro ou peneirándose, entra na auga coma un pequeno misil e sae cun diminuto peixe no peteiro que papa a favor de escama. Un espectáculo de cor, velocidade e habilidade ao alcance de calquera e, como dicía, no medio da cidade. De ónde estamos a falar? pois nin máis nin menos que do lago do Parque da Música a carón do Auditorio de Galicia; un lugar onde parrulos, gansos e cisnes, todos eles domésticos, reciben atencións e comida pero onde as auténticas estrelas da ornitofauna local pasan máis inadvertidas. Entre o outono e a primavera, o martiño peixeiro é un habitante habitual desta pequena masa de auga, cuns prismáticos sinxelos e un chisco de sorte poderemos localizalo e asistir a una exhibición.

Deixo unha foto, e un recorte da mesma, feita alí, a calidade é pésima pero ten valor testimonial. A qué estades agardando?

Imaxe

Imaxe