Pode haber aves rupícolas en Compostela? pois claro!. As aves rupícolas son aquelas que, basicamente, viven en ambientes rochosos, ben cantís, ben pelouros… Pois para estas aves a zona vella é como un gran complexo rochoso con cantís impresionantes que ven a ser a catedral, e moitos rincóns. Neste caso deixo un video de hai unhas semanas onde as andoriñas dos penedos (Ptyonoprogne rupestris) gozan duns raios de sol nin máis nin menos que no Concello. O seú número era bastante elevado, duns 50, que non está nada mal. Lembrade que estas andoriñas son as únicas que pasan todo o ano con nós, isto é, non van a África a invernar.
Velas no entorno da Catedral é, precisamente, moi sinxelo, simplemente hai que fixarse.
Ola Xabier, xustamente hoxe vin unha parella nun niño baixo do viaducto da autopista que está á entrada do Milladoiro. Polo que entendo despois de ler o teu ‘post’, non é raro que aniñen aquí, non sí?
Non, non é extrano nen moito menos. Tamén crían no viaducto do tren á saída da estación do tren por ex. De todos xeitos hai que asegurarse da especie porque últimamente crían en viaductos anduriñas dauricas, unhas “recén chegadas” á Península Ibérica.
Traterei de mirar ese viaducto cando pase por alí. Graciñas