Pombos en outono? a Bonaval

 DSC_2629

Como xa teño comentado nalgunha ocasión, hai unha especie de ave urbana que ata hai, apenas, dúas décadas non o era: o pombo (Columba palumbus) –paloma torcaz, en castelán-. Sen dúbida a demografía da especie, por non falar da ampliación dos ecosistemas que pode empregar, cambiou substancialmente.

carballos bonaval

Carballos no parque: un microbosque no medio da cidade

Estes días hai determinados parques nos que podemos observar moitos, por exemplo, no parque de Santo Domingo de Bonaval. A clave de tal abundancia, respecto a outros lugares ou momentos, é a naturalidade deste parque. Santo Domingo de Bonaval conta con moitos carballos (Quercus robur) que son unha especie silvestre por moito que aquí se atopen no medio da cidade e confinados a un recinto relativamente pequeno, así que, como estamos en outono, a produción de landras é moi grande e esta é aproveitada con éxito polo pombos, que se poñen as botas.

Corolario: manter elevados niveis de naturalidade, mesmo en lugares tan humanizados como pode ser un parque urbano, é moi útil para favorecer a presenza de especies salvaxes, dándolles maiores oportunidades de supervivencia.

Así que xa sabedes: pombos en outono, a Bonaval.

O chan do parque está, estes días, tapizado de landras

O chan do parque está, estes días, tapizado de landras

2 opinións sobre “Pombos en outono? a Bonaval

  1. Disque en Bonaval sucedeu hai uns anos o seguinte: habìa na rúa de Betanzos un homiño que tiña un pombal con moitas clases de pombas e cando morreu, mercaron a súa vivenda e tiraron o pombal, soltando a tod@s os inquilinos… pero seica non foron moi lonxe. :))

    • Mais a ave da que estamos a falar é o pombo, non da pomba. As pombas son domésticas (as que tería o home da rúa de Betanzos) e os pombos son salvaxes. Son especies diferentes e estes últimos aprederon a vivir nas cidades nos últimos 20 anos. Graciñas polo comentario 🙂

Algún comentario?

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s