Pardais nun corredor

_DSC6591O pasado verán observamos moitas aves en distintos sitios. Agora ben, unha das aves máis modestas das nosas cidades e aldeas, o pardal común (Passer domesticus) ou gorrión común, en castelán, soe recibir poucas atencións de tan común que é. Pero isto non é así en todas partes. Os pardais desapareceron de Londres, por exemplo, e están nun declive brutal en moitas cidades, dende París a Madrid, Berlín, etc.  Por qué?

_DSC6367Logo de moitos traballos de investigación seguindo diferentes hipóteses todo apunta a que sutís cambios no hábitat e, sobre todo, á falta de comida poden facer que a especie vaia a menos. Falta de comida? Si, nun momento concreto: un punto crítico na cría das aves prodúcese cando os polos están no niño e demandan moitas proteínas para medrar. Se non teñen proteínas, non medran, morren e finalmente, non hai renovación xeracional. Isto significa que durante a cría os poliños teñen que comer insectos. Se non os hai, fin da historia.

_DSC6236

Non era Santiago de Compostela, é tan só un corredor dunha casa nunha zona de montaña galega. Alí os insectos son abundantes (non hai agricultura ou gandería intesiva na zona) e bastaba pasar un rato no corredor para ver como os pardais se afanaban en alimentar con insectos os seus polos.

Hai pardais en Santiago de Compostela? Cántos? Están en declive?

Ir a este link ou ver por exemplo:

* Will J. Peach, Danaë K. Sheehan & Will B. Kirby. 2014. Supplementary feeding of mealworms enhances reproductive success in garden nesting House Sparrows Passer domesticus. Bird Study. PP 378-385

Unha opinión sobre “Pardais nun corredor

  1. Moitas grazas por compartir os teus coñecementos connosco. Descubrín o teu blog por casualidade pero é estupendo ter un “guía” que me abra os ollos nos meus camiñares cotiáns por compostela, “case” unha cidade calquera! Dende hai un tempo espertouse curiosidade por saber algo maís dos paxaros que ata fai poco eran pra min animais que só sobreboaban a miña cabeza, Grazas!

Algún comentario?

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s