Últimos días para ver vencellos (de 2 especies!)

Os vencellos (Apus apus) están a punto de marchar de novo aos seus cuarteis invernais en África, xa criaron e estes días están moi ocupados alimentando os seus polos xa moi medrados e a punto de marchar do niño. Os cálidos seráns de xullo son ideais para observalos baixos. Calquera sitio é bo, pero quizáis, Belvís, Bonaval, a zona Vella son sitios moi bos para gozar deles. Quedan poucos días.

E pode haber premio: moi escasos, moi difíciles de diferenciar, escasos exemplares de vencello pálido (Apus pallidus) poden ser observados entre os comúns. Cómo diferencialos? primeiro de todo con boa luz e sorte; son máis pálidos, de cabeza máis clara por riba, non só pola gorxa, o que lles da un aspecto de enmascarados, e por último, con moi boa luz, poden ser apreciadas unha sorte de “escamas” moi características polo seu ventre .

Inda que lles saquei moitas fotos, ningunha é digna polo que se vos deixo un bo link para velos en detalle. Moita sorte cos pálidos!.

_DSC4693

Advertisement

3 opinións sobre “Últimos días para ver vencellos (de 2 especies!)

  1. Xa tes outro seguidor do blog. E dentro de pouco espero que outras dúas novas ornitólogas incipientes (aínda que con dous anos véxoas aínda verdes….)

    • Tamén, Carlos. Ambos nomes son válidos. Eu escollo vencellos porque é o que se emprega na miña zona no interior de Lugo e creo que é máis coñecido. Graciñas

Algún comentario?

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s