Últimos días para ver vencellos (de 2 especies!)

Os vencellos (Apus apus) están a punto de marchar de novo aos seus cuarteis invernais en África, xa criaron e estes días están moi ocupados alimentando os seus polos xa moi medrados e a punto de marchar do niño. Os cálidos seráns de xullo son ideais para observalos baixos. Calquera sitio é bo, pero quizáis, Belvís, Bonaval, a zona Vella son sitios moi bos para gozar deles. Quedan poucos días.

E pode haber premio: moi escasos, moi difíciles de diferenciar, escasos exemplares de vencello pálido (Apus pallidus) poden ser observados entre os comúns. Cómo diferencialos? primeiro de todo con boa luz e sorte; son máis pálidos, de cabeza máis clara por riba, non só pola gorxa, o que lles da un aspecto de enmascarados, e por último, con moi boa luz, poden ser apreciadas unha sorte de “escamas” moi características polo seu ventre .

Inda que lles saquei moitas fotos, ningunha é digna polo que se vos deixo un bo link para velos en detalle. Moita sorte cos pálidos!.

_DSC4693

Advertisement

Aves nunha boa excursión

Unha das vantaxes de que as nenas cumpran anos é que cada vez camiñan distancias maiores polo que se poden emprender con elas boas excursións nas que observar aves moitas outras cousas.

Precisamente pasear, dar un paseo, ir de excursión, etc, é unha cuestión que merece consideracións. Nos últimos anos mercantilizouse o ir de excursión en canto xurdiron claros intereses económicos por detrás: dende botas de treking con membranas transpirables ata profesionais que deseñan (deseñamos) roteiros… e por suposto, se un quere vender algo ten que buscar bos nomes: treking, sendeirismo… xa non chega con pasear ou excursión. Todo isto ven a conto de que moitas persoas apuntáronse a estas “novas” actividades, camiñar na natureza, qué podería saír mal? pois que teño comprobado que moita xente se aburre, outra non pero a base de competir consigo mesma ou co reloxo como se dunha actividade deportiva máis se tratara. E é aquí onde gozar da vida entra en xogo. Se a curiosidade pola vida que che rodea está esperta, un nunca se pode aburrir paseando, calquera que sexa o punto de acceso que elixamos para gozar da biodiversidade:  aves, bolboretas, plantas …

A Rubia nas beiras do Sarela

A Rubia nas beiras do Sarela

 Así emprendemos a Rubia e máis eu unha excursión partindo dende o río Sarela, próximos ao CHUS ata a Granxa do Xesto pasando pola Selva Negra. Unha mañá excepcional para as aves. Cántas? pois ata 46 especies entre observadas e escoitadas. Moitas delas forestais, outras de espazos máis abertos, unha ligada aos cursos fluviais e incluso un par de aves rapaces comúns. Todas elas observables por unha nena de 6 anos. Velaí a lista

NOME CIENTÍFICO NOME GALEGO NOMBRE CASTELLANO
Accipiter nisus Gabián Gavilán común
Buteo buteo Miñato Busardo ratonero
Larus michahellis Gaivota patiamarela Gaviota patiamarilla
Columba palumbus Pombo torcaz Paloma torcaz
Streptopelia decaocto Rula turca Tórtola turca
Cuculus canorus Cuco Cuco común
Apus apus Cirrio Vencejo común
Picus viridis Peto verde Pito real
Dendrocopos major Peto real Pico picapinos
Hirundo rustica Andoriña Golondrina común
Anthus trivialis Pica das árbores Bisbita arbóreo
Motacilla cinerea Lavandeira real Lavandera cascadeña
Motacilla alba Lavandeira branca Lavandera blanca
Troglodytes troglodytes Carriza Chochín común
Prunella modularis Azulenta Acentor común
Erithacus rubecula Paporrubio Petirrojo europeo
Phoenicurus ochruros Rabirrubio Colirrojo tizón
Saxicola torquatus Chasco Tarabilla común
Turdus merula Merlo Mirlo común
Turdus philomelos Tordo común Zorzal común
Cisticola juncidis Carriza dos xuncos Cistícola buitrón
Hippolais polyglotta Folosa amarela Zarcero común
Sylvia undata Papuxa do mato Curruca rabilarga
Sylvia melanocephala Papuxa cabecinegra Curruca cabecinegra
Sylvia borin Papuxa picafollas Curruca mosquitera
Sylvia atricapilla Papuxa das amoras Curruca capirotada
Phylloscopus ibericus Picafollas ibérico Mosquitero ibérico
Regulus ignicapilla Estreliña riscada Reyezuelo listado
Aegithalos caudatus Ferreiriño rabilongo Mito común
Parus ater Ferreiriño negro Carbonero garrapinos
Parus caeruleus Ferreiriño azul Herrerillo común
Parus major Ferreiriño real Carbonero común
Certhia brachydactyla Gabeador Agateador europeo
Lanius collurio Picanzo vermello Alcaudón dorsirrojo
Garrulus glandarius Gaio Arrendajo común
Pica pica Pega Urraca común
Corvus monedula Gralla pequena Grajilla común
Corvus corone Corvo pequeno Corneja negra
Sturnus unicolor Estorniño negro Estornino negro
Passer domesticus Pardal Gorrión común
Fringilla coelebs Pimpín Pinzón común
Serinus serinus Xirín Verdecillo común
Carduelis chloris Verderolo Verderón común
Carduelis carduelis Xílgaro Jilguero
Carduelis cannabina Liñaceiro Pardillo común
Emberiza cirlus Escribenta común Escribano soteño
A Selva Negra

A Selva Negra