Algunhas das escenas máis atraíntes cando falamos de fauna salvaxe, ou non tanto, son nas que podemos ver comportamentos diversos con depredadores. Sería posible observar unha escena así en plena cidade? e por unha nena de 2 anos? si.
Moitas veces temos falado aquí das pegas (Pica pica). Emiten un reclamo característico cando localizan e acosan un depredador, e iso foi o que escoitamos nun pequeno parque, ao pouco observamos como unha acosaba un gato doméstico (un dos depredadores máis perigosos nunha cidade). Como teñen o niño a carón, a pega foi moi atrevida, chegando incluso a picarlle no rabo mentres o gato daba conta dun pequeno polo da pega. Supervivencia urbana.