Hai xusto un ano publicaba unha das primeiras entradas que titulamos “CSI Compostela. Ou o perigo dos cristais“. Pois ben, a moda de poñer cristais invisibles ás aves parece que vai a máis e o asunto xa podería estar a ter dimensións preocupantes. Unha visita recente á Cidade da Cultura amosounos o perigosos que poden ser. Nesta ocasión localizamos un ferreiriño azul (Cyanistes caeruleus) -herrerillo común en castelán- morto nuns cristais que a modo de barandilla flanquean algunha das baixadas da Cidade da Cidade da Cultura.
Qué facer? o máis lóxico é non poñer este tipo de estruturas/trampa, con seguridade aos arquitectos ocórrenselles solucións igual de eficaces e menos daniñas. Para os que xa están postos pódense instalar vinilos con siluetas de rapaces para evitar a colisión, non facer “pasillos” visuais e, mellor aínda, vinilos só visibles no espectro ultravioleta que as aves detectan perfectamente e así poden esquivar este perigo, inda que tamén hai cristais anticolisión de aves. E aquí podemos ver algún estudo dos moitos que hai xa que se calcula que anualmente son millóns as aves que morren por colisión con cristais.
Mentres, suma e segue.
Hola Xabier. ¿Sabes dónde pueden comprarse en Santiago vinilos con siluetas para los cristales? ¡Gracias!
En Santiago creo que no se vende. Vía web, antes se vendían directamente en la tienda de http://www.seo.org pero se les agotaron. Aquí tienes otra opción http://www.weboryx.com/oryx/cms/es/buscador/2798/8795/1?q=pegatinas+cristales&row=9
un saludo y gracias por tu interés!