Un parque ao que imos moi pouco, quédanos a desmán, pero ao que sempre temos ganas, o Parque de Eugenio Granell, foi o noso obxectivo hai unhas semanas. Un paseo primaveral cheo de sorpresas. E un parque grande, con gran “naturalidade” e mesmo diferentes “ecosistemas”. E non defraudou. Chegamos a ver un número importante de aves en apenas un paseo: 32 especies!! e iso que, salvo por unha especie, ainda non observamos ningunha migrante transahariana. Cántas se poderán observar dentro duns días cando todas as especies estivais cheguen?
Aquí o listado de aves:
Anas platyrhynchos | Lavanco | Ánade azulón |
Larus michahellis | Gaivota patiamarela | Gaviota patiamarilla |
Columba palumbus | Pombo torcaz | Paloma torcaz |
Streptopelia decaocto | Rula turca | Tórtola turca |
Troglodytes troglodytes | Carriza | Chochín común |
Prunella modularis | Azulenta | Acentor común |
Erithacus rubecula | Paporrubio | Petirrojo europeo |
Phoenicurus ochruros | Rabirrubio | Colirrojo tizón |
Saxicola torquatus | Chasco | Tarabilla común |
Turdus merula | Merlo | Mirlo común |
Turdus philomelos | Tordo común | Zorzal común |
Sylvia undata | Papuxa do mato | Curruca rabilarga |
Sylvia melanocephala | Papuxa cabecinegra | Curruca cabecinegra |
Sylvia atricapilla | Papuxa das amoras | Curruca capirotada |
Phylloscopus ibericus | Mosquitero ibérico | |
Regulus ignicapilla | Estreliña riscada | Reyezuelo listado |
Aegithalos caudatus | Ferreiriño rabilongo | Mito común |
Parus ater | Ferreiriño negro | Carbonero garrapinos |
Parus caeruleus | Ferreiriño azul | Herrerillo común |
Parus major | Ferreiriño real | Carbonero común |
Certhia brachydactyla | Gabeador | Agateador europeo |
Garrulus glandarius | Gaio | Arrendajo común |
Pica pica | Pega | Urraca común |
Corvus monedula | Gralla pequena | Grajilla común |
Corvus corone | Corvo pequeno | Corneja negra |
Sturnus unicolor | Estorniño negro | Estornino negro |
Passer domesticus | Pardal | Gorrión común |
Fringilla coelebs | Pimpín | Pinzón común |
Serinus serinus | Xirín | Verdecillo común |
Carduelis chloris | Verderolo | Verderón común |
Carduelis carduelis | Xílgaro | Jilguero |
Carduelis cannabina | Liñaceiro | Pardillo común |
Pero iso non foi todo. Atopámonos incluso cuns narcisos silvestres, non prantados, concretamente Narcissus triandrus.
E, claro, tan intensa actividade naturalística precisou dunha boa merenda, con vistas inmellorables