Looking for the Wild

Looking for the Wild é o nome dun proxecto recén iniciado polo estupendo fotógrafo de natureza Andoni Canela. Qué ten de especial para que o comente aquí? pois que vai estar durante un montón de meses en todos os continentes para fotografiar algunha das especies máis salvaxes de cada un deles… e ata aquí nada en especial (qué xa é moito!!) pero o autenticamente singular é que leva a súa familia con el e iso inclúe 2 nenos pequenos, de aí o interese en reseñar a súa aventura.

Paralelamente van seguir outro proxecto, Learning in the Wild, para que nenos e nenas de todas partes poidan seguir o seu traballo / aventura, sen dúbida moi interesante para pais, nais e profes. Non volo perdades.

Advertisement

O martiño peixeiro

Unha das cousas que se botan de menos en Santiago de Compostela, fronte a outras cidades galegas, é a existencia dun gran humidal próximo á cidade que acolla unha gran cantidade de aves acuáticas. Non entanto, temos no medio da cidade unha especie de pequeno humidal que non deixa de ter o seu interese.

Moitos veciños posiblemente quedarían sorprendidos se souberan que unha das aves con máis espectacular colorido de toda Europa e fascinantes costumes vive no medio de nós. Trátase do martiño peixeiro (Alcedo atthis) – martín pescador, en castelán. Azuis eléctricos de diferentes tonos no dorso, laranxas na parte inferior… pequeno e veloz. Pesca dende un posadoiro ou peneirándose, entra na auga coma un pequeno misil e sae cun diminuto peixe no peteiro que papa a favor de escama. Un espectáculo de cor, velocidade e habilidade ao alcance de calquera e, como dicía, no medio da cidade. De ónde estamos a falar? pois nin máis nin menos que do lago do Parque da Música a carón do Auditorio de Galicia; un lugar onde parrulos, gansos e cisnes, todos eles domésticos, reciben atencións e comida pero onde as auténticas estrelas da ornitofauna local pasan máis inadvertidas. Entre o outono e a primavera, o martiño peixeiro é un habitante habitual desta pequena masa de auga, cuns prismáticos sinxelos e un chisco de sorte poderemos localizalo e asistir a una exhibición.

Deixo unha foto, e un recorte da mesma, feita alí, a calidade é pésima pero ten valor testimonial. A qué estades agardando?

Imaxe

Imaxe

A pica dos prados: o inverno está aquí

Hai uns días, camiñando polo parque polo que pasamos a cotío para ir ao cole a Rubia e máis eu detectamos picas dos prados (Anthus pratensis)- Bisbista común, en castelán- . Delata a súa presencia o son máis que a vista e a súa presenza indícanos claramente que o inverno está aquí. As picas dos prados son uns pequenos paxariños que crían en paises máis septentrionais pero que durante os meses invernais acompáñannos en prados, pasteiros, dunas e, cómo non, nos prados que hai na cidade. Son pequenos, marronciños, pero de reclamo conspicuo e ledo e case sempre van en grupo. Aquí vos deixo unha foto de non moita calidade feita, curiosamente, nas rochas dunha praia.

Anthus pratensis

Un conto de dúas pombas

Fágome eco aquí unha pequena entrada do BTO sobre dúas pombas (ou un pombo e unha rula) nos xardíns británicos. O primeiro que hai que dicir é que o Reino Unido ten unha tradición de observación de aves impresionante e actualmente máis de un millón de persoas observan aves neste país e colaboran con organizacións ornitolóxicas. Eso permite ter pequenos, en apariencia, programas de seguimento de aves que calquera humilde observador pode implementar; un deles é o de observación de aves en xardíns, o British Trust for Ornithology’s (BTO) Garden BirdWatch (de novo falamos de aves en ambientes urbanos). Este programa permite ver cómo a rula turca (Streptopelia decaocto) -tórtola turca-, sofre unha caída de efectivos dende 2005 ao tempo  os pombos (Columba palumbus)– paloma torcaz- incrementan as súas poboacións en parques, xardíns e, en xeral, nas cidades. Están conectados estes dous feitos? intervén a trichomonosis (unha enfermedade das aves)? nesta ecuación? son cambios de uso do chan no entorno? ambos -ou máis- factores combinados?

A cuestión é que en Santiago de Compostela, atopamos ambas especies e o pombo é cada vez máis frecuente inda que non hai indicadores locais fiables… e non sabemos qué pasa coas rulas turcas! Queda pendente escribir un día dos pombos nas cidades

Aquí podedes ler o artigo orixinal.

Máis aves comúns (Colaboracións 2!!)

De novo Eduardo Estévez envía algunhas fotos tomadas en entornos urbanos. Poderíase considerar que as primeiras fotos que saca son das aves máis comúns nunha cidade como Santiago de Compostela? creo que si.

Dende logo o máis cómún son os pardais (Passer domesticus) – gorriones comunes-.

ImaxeImaxe

Inda que tamén atopamos outra ave algo menos común, inda que non rara, tamén moi características de áreas de hortas e cultivos pero que vive moi ben en áreas urbanas sempre e cando teña árbores onde subirse, trátase do serín (Serinus serinus), -verdecillo- doadamente distinguible polo seu canto e coloración xeral.

Imaxe

E por últimos vemos unha estupenda foto dunha gralla pequena (Corvus monedula), especie moi interesante da que xa falei aquí.

Imaxe

Graciñas Edu!!