Oportunistas, 2

Hai uns días observamos a un grupo de pegas (Pica pica) buscar comida nunha bolsa de lixo. A penas un par de días despois observamos a outra pega cun comportamento moi habitual en córvidos en áreas urbanas – e incluso áreas de recreo-. Consiste en buscar a comida nas papeleiras, xa sabedes, alí onde acaban os curruscos dos bocatas das merendas, o cacho de xamón que cae ao chan. A foto, de móbil é francamente mala, pero podedes ver ao que me refiro.

WP_20130708_001

Ao día seguinte, camiño doutro parque infantil en busca de toboganes e columpios á sombra, vimos a ave urbana por excelencia, o pardal común (Passer domesticus) cun comportamento que chamou a nosa atención. Qué estaba facendo en torno á unhas vetustas farolas? qué o levaba a picotear o cristal en pleno vo?

DSCN2101

Achegámonos a mirar con detalle, había multitude de insectos mortos nos cristais, sen dúbida unha gran fonte de proteína!

3 opinións sobre “Oportunistas, 2

  1. o outro día preto da praia de abelleira vin unha cousa que non vira nunca: a poucos metros, un pardal que viña voando interceptou unha mosca no aire e papouna en pleno voo.

Algún comentario?

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s