Aves no xardín de infancia

WP_20130627_006

A miña pequena máis pequena, a Loira, cando ve un paxaro di “paxariño”. Con 2 anos recén cumpridos creo que ten un alto nivel como ornitóloga. Agora ben, na súa escola infantil (realmente recomendable polo trato e concepto) hai un pequenísimo xardín, apenas uns metros cadrados nos que atopamos varios cedros, unha nogueira, un pouco céspede con diferentes prantas, así que cabería preguntarse cántas especies de aves silvestres podemos observar neste minúsculo espazo.

Pois o número inda que, obviamente, é pequeno non deixa de sorprender, en torno a 15 especies.

Unha das especies máis espectaculares que vive nestes cedros – creo que aniña neles- é a estreliña riscada (Regulus ignicapilla) o Reyezuelo listado, en castelán. Para quen non coñeza esta ave resulta sorprendente por varias razóns, é unha das aves máis pequenas de Europa, pesa entre 4 e 7 gramos e ten unha rechamante cresta central, como un pequeno punky, da cor do lume (de aí o seu nome en inglés, firecrest) flanqueada de branco e negro. Esta especie é moi común en todo tipo bosques (incluso en cultivos forestais de piñeiros cunha certa calidade ambiental) e tamén en parques e xardíns urbanos onde ten bastante querencia polos maxestuosos cedros. É moi críptica e xeralmente non é doada de observar se non temos paciencia ou sorte mais é moi doada de detectar polo seu característico canto.

Aquí un bonito macho de estreliña riscada

Aquí un bonito macho de estreliña riscada

En Santiago de Compostela, é unha especie común, realmente bonita, que vive ao noso carón e da que dubido moito que a maior parte da poboación oira falar nunca.

Unha opinión sobre “Aves no xardín de infancia

  1. Vaia! Non nos damos conta de que hai algún rincóns polos que pasas todos os días e hai uns paxaros maravillosos. Bo traballo!!

Algún comentario?

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s