Vencellos no serán. E máis!

Tras unha fría primavera cargada de auga, no que so os días longos lembraban a esta estación do ano, parece que por fin viñeron algúns días cálidos. Son os días ideais para disfrutar dos vencellos (Apus apus) no serán. Entre lusco e fusco, baixan ás áreas de cría, interaccionan e cazan insectos. Todo elo con espectaculares maniobras a velocidades incríbles e, cun pouco de sorte, a escasos metros das nosas cabezas. Así que fumos ao parque de Santo Domingo de Bonaval a velos.

Imaxe

Efectivamente, podemos ver nubes deles enchían o ar tanto coa sus presenza como cos seus característicos berros.

Imaxe

WP_20130628_009

Tamén contemplamos a contraluz unha escena que adianta -xa!- as seguintes tempadas: un bando de estorniños negros (Sturnus unicolor) voaba entre os vencellos: unha especie estival e que inverna en África, esta última, xunto con outra residente que chama a atención por formar grandes bandos en outono e inverno. De momento o bando era pequeno -quizáis xóvenes do ano, individuos non reproductores- pero cada semana medrará máis.

Imaxe

Logo aínda nos deu tempo a intentar ver outros vertebrados – alimentámonos no só de aves!-. así que nos diriximos ao barrio do Carmen, onde sobre o río Sarela, nestas noites cálidas, soen voar e cazar varios morcegos comunes (Pipistrellus pipistrellus). Inda que esta vez non houbo sorte. Noutra noite cálida, hai un par de meses, ata 4 exemplares pasaban rozando as nosas cabezas. Toda unha experiencia ao alcance de calquera.

_DSC9929

Advertisement

Unha opinión sobre “Vencellos no serán. E máis!

  1. Camiñando un anaco polo paseo do río Sarela, preto do barrio do Carme, é moi doado ver o morcego común, entre o lusco e fusco. Fai una semana pasei por alí e catro non, vin moitos máis, voando a un palmo da miña cachola, ¡é fácil observar a súa anatomía!

Algún comentario?

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s