Colaboracións!

O feito da observación de aves, dende a ornitoloxía profesional ata a o afeicioado máis casual, topouse cunha pequena revolución hai uns anos. Trátase da fotografía dixital. Con case calquera equipo pódense sacar fotos de aves, se ben en moitas ocasións con calidade limitata case sempre moi útiles para identificar a especie, a súa idade, sexo… para documentar a presenza de especies raras ou en situacións pouco comúns, etc. Mesmo é unha excelente ferramenta para aprender a identificalas: o que ata hai pouco era unha fugaz observación dunha especie descoñecida pódese tornar nunha imaxe que, con calma, nos permita identificar a ave en particular con tranquilidade na casa e rodeados de recursos a moreas, dende as clásicas guías a webs especializadas con miles de outras fotos…. As posibilidades son moitas: cámaras réflex con potentes obxectivos, compactas acopladas a prismáticos ou telescopios (a famosa técnica do digiscoping) e incluso móbiles acoplados tamén a diversa óptica.

Cos pequenos ocurre algo curioso: algo que xeralmente está fora do seu alcance visual – as aves sempre están lonxe para un neno- pasa a estar absolutamente próximo e polo tanto atrainte a idades temperás.

Nesta ocasión, o escritor e bo amigo Eduardo Estévez, tamén-cun-fillo-por-Compostela, fotografiou algunhas aves en Santiago de Compostela coa súa nova cámara dotada dun gran zoom nun formato case compacto. Sen dúbida un excelente xeito de inciarse e iniciar ao seu pequeno na curiosidade polo entorno. A súa primeira colaboración pode ser un pequeno catálogo de, quizáis, as tres especies máis comúns da cidade. Vexamos:

20130615_melro_macho_belvis_P1000012

Aquí podemos observar un macho adulto de merlo (Turdus merula), especie da que xa temos falado en ocasións.

20130623_lavandeira_belvis_P1000028

Unha ave típica de zonas con menos árbores como parques rúas, tellados, etc. e orixinalmente característica de medios agrícolas, a lavandeira branca (Motacilla alba).

20130623_melro_femia_P1000033

E aquí vemos outro merlo (Turdus merula) deste individuo podemos destacar que se trata de un polo volantón, esto é un xoven recén saído do niño, recoñecible pola súa plumaxe marrón con esas características pintas máis craras, sobre todo, polo peito.

20130623_pardal_P1000041

E por último un pardal (Passer domesticus), ave urbana por excelencia.

Así que xa sabedes, aproveitar estes novos recursos para aprender máis cousas.

Advertisement

Xílgaros

O xílgaro (Carduelis carduelis) – ou jilguero, en castelán- é unha especie común que pode facernos pensar un pouco sobre o estado do que nos rodea.

Trátase duha especie bonita, de canto agradable, e moi común… en principio. Ata non hai moitos anos era unha especie abondosa en calquera terreo agrario, con gran querencia por áreas semiabandoadas onde atopa sementes de gramíneas e de cardos para se alimentar. Dende non hai moito tempo comeza a ser moi frecuente en parques e xardíns urbanos como tamén pasa no Reino Unido onde, entre outros factores, consideran que o emprego de determinadas sementes pequenas en comedeiros pode estar detrás dese incremento urbano. Aquí non hai comedeiros pero é unha especie cada vez máis frecuente nas cidades e, sendo aínda moi común, máis rara de observar no campo. Sen dúbida algo está a pasar no noso entorno. Mentres, disfrutemos destes agradables compañeiros en case calquera parque ou xardín Compostelano: cando os neófitos o ven, xeralmente quedan sorprendidos de que a carón das súas casas, columpios, bancos… haxa un paxaro con tanto colorido.

ImaxeFoto: Israel Gutiérrez Jashir (Flirck, creative commons).

Os polos das gaivotas

Obviamente tiñamos que facer un seguimento de cómo van os polos de gaivota patiamarela (Larus michahellis) que hai sobre o hospital Gil Casares.

Aproveitando que pasamos por alí paramos a mirar un chisco, eso si, non levabamos nin prismáticos nin telescopio, así que tivemos que escudriñar o tellado a simple vista inda que si que nos axudamos dunha pequena cámara dixital. Pero foi sinxelo: era pola tarde, sol intensísimo e calor pouco habitual, no tellado unha única sombra. Alí estaban, puidemos ver dous, xa moito máis crecidos.

DSCN2120

Están os polos na foto? si, aí están:

DSCN2120 - copia

Como dicía ía unha calor terrible, hai un par de semanas o tempo era chuvioso e frío. E estes polos aí están, medrando. A fortaleza e capacidade das especies silvestres non deixan de ser realmente asombrosas.

Oportunistas, 2

Hai uns días observamos a un grupo de pegas (Pica pica) buscar comida nunha bolsa de lixo. A penas un par de días despois observamos a outra pega cun comportamento moi habitual en córvidos en áreas urbanas – e incluso áreas de recreo-. Consiste en buscar a comida nas papeleiras, xa sabedes, alí onde acaban os curruscos dos bocatas das merendas, o cacho de xamón que cae ao chan. A foto, de móbil é francamente mala, pero podedes ver ao que me refiro.

WP_20130708_001

Ao día seguinte, camiño doutro parque infantil en busca de toboganes e columpios á sombra, vimos a ave urbana por excelencia, o pardal común (Passer domesticus) cun comportamento que chamou a nosa atención. Qué estaba facendo en torno á unhas vetustas farolas? qué o levaba a picotear o cristal en pleno vo?

DSCN2101

Achegámonos a mirar con detalle, había multitude de insectos mortos nos cristais, sen dúbida unha gran fonte de proteína!

As anduriñas de cu branco

Onte puidenlle amosar á maior as anduriñas de cu branco (Delichon urbicum) – avión común en castelán-. Non é que non as vira antes pero non de xeito tan detallado en Santiago. Trátase dunha andoriña, mais diferente ás que comúnmente aniñan no interior de cortes, establos e mesmo casas no rural. As anduriñas comúns (Hirundo rustica) teñen certas partes con coloracións de tonos cálidos (e mesmo sutilmente rosados na súa parte inferior), mentres que as andoriñas de cu branco son negras e brancas coa mitra (o cu, por arriba) desta cor. Mentres que as anduriñas comúns aniñan en lugares ben gardados, como dicía incluso dentro das casas, as andoriñas de cu branco fanno no exterior, normalmente baixo aleiros de tellados, balcóns, etc. O seu nome en inglés é House martin (do que tomaron o seu nome a mítica banda de Hull, os Housemartins a finais dos 80). Ademáis o niño presenta notables diferenzas tamén, é moito máis aberto, como unha cunca de almorzo partida á metade e pegada a parede nunha complexa obra de microenxeñería prodixiosa (non debe ser coña o cálculo dos vectores de forza se nos pretenderamos facer algo similar, empregando a lama como material construtivo).

O caso é que esta especie tamén aniña en cidades, vilas, aldeas e localmente é francamente común, especialmente se viaxamos a pobos do sur da Península Ibérica. En  Galicia aparece espallada por todo tipo de lugares (con máis querencia por áreas de montaña) pero sempre en cantidades limitadas e mesmo parece que está a sufrir unha rarificación; apúntase como causa deste declive a dificultade de atopar lama no entorno de vilas e cidades, quizáis, é unha mera hipótese, ao desaparecer o gando ceibe.

Onte atopamos unha parella non lonxe de casa ao final de Rosalía de Castro, pero seguro que hai algunha máis espallada pola cidade. Nese barrio periférico de Santiago de Compostela que é Bertamiráns resulta moi común no centro.

DSC_6435

Aves no xardín de infancia

WP_20130627_006

A miña pequena máis pequena, a Loira, cando ve un paxaro di “paxariño”. Con 2 anos recén cumpridos creo que ten un alto nivel como ornitóloga. Agora ben, na súa escola infantil (realmente recomendable polo trato e concepto) hai un pequenísimo xardín, apenas uns metros cadrados nos que atopamos varios cedros, unha nogueira, un pouco céspede con diferentes prantas, así que cabería preguntarse cántas especies de aves silvestres podemos observar neste minúsculo espazo.

Pois o número inda que, obviamente, é pequeno non deixa de sorprender, en torno a 15 especies.

Unha das especies máis espectaculares que vive nestes cedros – creo que aniña neles- é a estreliña riscada (Regulus ignicapilla) o Reyezuelo listado, en castelán. Para quen non coñeza esta ave resulta sorprendente por varias razóns, é unha das aves máis pequenas de Europa, pesa entre 4 e 7 gramos e ten unha rechamante cresta central, como un pequeno punky, da cor do lume (de aí o seu nome en inglés, firecrest) flanqueada de branco e negro. Esta especie é moi común en todo tipo bosques (incluso en cultivos forestais de piñeiros cunha certa calidade ambiental) e tamén en parques e xardíns urbanos onde ten bastante querencia polos maxestuosos cedros. É moi críptica e xeralmente non é doada de observar se non temos paciencia ou sorte mais é moi doada de detectar polo seu característico canto.

Aquí un bonito macho de estreliña riscada

Aquí un bonito macho de estreliña riscada

En Santiago de Compostela, é unha especie común, realmente bonita, que vive ao noso carón e da que dubido moito que a maior parte da poboación oira falar nunca.

Oportunistas

Quizáis, como nos pasa a moitos humanos, os que teñen máis oportunidades de sobrevivir son os oportunistas (valga a redundancia), en definitiva aqueles que pillan o que poden cando poden. Hai que ser, non sei se intelixente, pero si bastante listo para conseguilo. É o que lle pasa a especies tan comúns e bonitas como as pegas (Pica pica), urracas en castelán. O dos córvidos é un grupo de aves cunha notable intelixencia que lle permite facer cousas realmente prodixiosas.

Todo esto ven a conto de que hai uns veciños que deixan a un pacífico can solto a maior parte do tempo e as veces prepara algunha trasnada. Hai uns días (ainda chovía!) sacou unha bolsa de lixo dalgún lugar e trasladouna ao xardín que hai frente á casa, deixouna abandoada ao pouco tempo, apenas pasaran uns segundos, un grupo de pegas botouse enriba da bolsa para buscar comida. Listas!  rápidas! e decididas! (tres cualidades dignas de adminración). A foto non é moi boa porque está feita a través dos cristais.

Imaxe

Descubren unha nova especie urbana: mirar sempre paga a pena

Ocurriu hai pouco en Camboia. Na súa capital, Phnom Penh, veñen de descubrir en medio de todo que existe unha especie inadvertida para a ciencia ata hai nada. Cómo pode eso ocurrir? Nin idea, quizáis precisamente o feito de estar en lugares ben coñecidos, ademáis de difíciles de transitar, onde os especialistas non dirixiron as súas pesquisas poida explicalo. Chamáronlle “paxaro xastre” (Orthotomus chaktomuk) e vive en áreas de matogueiras húmidas do centro e do entorno da cidade. O caso é sorprendente e agora toca coidar desta especie. Aquí podedes ler a descrición da especie e tamén vos deixo un video de ela.

En Santiago de Compostela e, con toda probabilidade, en todo occidente, non creo que se poida repetir un feito similar. Pero creo que mirar sempre paga a pena.

Vencellos no serán. E máis!

Tras unha fría primavera cargada de auga, no que so os días longos lembraban a esta estación do ano, parece que por fin viñeron algúns días cálidos. Son os días ideais para disfrutar dos vencellos (Apus apus) no serán. Entre lusco e fusco, baixan ás áreas de cría, interaccionan e cazan insectos. Todo elo con espectaculares maniobras a velocidades incríbles e, cun pouco de sorte, a escasos metros das nosas cabezas. Así que fumos ao parque de Santo Domingo de Bonaval a velos.

Imaxe

Efectivamente, podemos ver nubes deles enchían o ar tanto coa sus presenza como cos seus característicos berros.

Imaxe

WP_20130628_009

Tamén contemplamos a contraluz unha escena que adianta -xa!- as seguintes tempadas: un bando de estorniños negros (Sturnus unicolor) voaba entre os vencellos: unha especie estival e que inverna en África, esta última, xunto con outra residente que chama a atención por formar grandes bandos en outono e inverno. De momento o bando era pequeno -quizáis xóvenes do ano, individuos non reproductores- pero cada semana medrará máis.

Imaxe

Logo aínda nos deu tempo a intentar ver outros vertebrados – alimentámonos no só de aves!-. así que nos diriximos ao barrio do Carmen, onde sobre o río Sarela, nestas noites cálidas, soen voar e cazar varios morcegos comunes (Pipistrellus pipistrellus). Inda que esta vez non houbo sorte. Noutra noite cálida, hai un par de meses, ata 4 exemplares pasaban rozando as nosas cabezas. Toda unha experiencia ao alcance de calquera.

_DSC9929