Polos de gaivota

Poden pasar inadvertidos tres polos -ben gordiños- sobre un tellado sen practicamente lugar onde agocharse? Si, poden!

Santiago de Compostela, ao igual que en moitas cidades, pobos e vilas, da península Ibérica está habitada por unhas aves singulares, as gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) – gaviota patiamarilla, en castelán-. Singulares porque moitas desas áreas urbanas non teñen o mar cerca e, en principio, esta especie de gaivota é unha ave característica de entornos litorais. Agora ben, con tal  de ter algo de auga e boas fontes de alimentación poden vivir perfectamente nas áreas urbanas. E incluso chegar a nidificar, tal é o caso de moitas cidades e vilas galegas. Incluíndo Santiago. Aquí, esta especie criaba, ata non hai moito en diferentes tellados do casco vello, sendo francamente difícil avaliar a poboación nidificante de xeito preciso xa que para elo hai que ver as parellas e/ou os niños e iso é difícil se non tes acceso visual a todos os tellados da cidade. En Santiago de  Compostela estímase a súa poboación en 10 parellas mentres que en Pontevedra, por exemplo, estimamos que hai unhas 60 parellas. En España estímase que hai un mínimo de 4.598 parellas. Non está nada mal. 

O caso é que hai un par de anos, dende casa, viamos pasar moitas gaivotas pero con comportamentos territoriais, etc así que sospeitamos que tiñan que nidificar nun lugar próximo e pensamos qué tellado vello habería cerca (gustan de empregar tellados vellos, non os novos e lustrosos dos edificións máis modernos). Pronto dimos con el, nin máis nin menos que o tellado do vello Hospital Gil Casares, fronte ao moderno Hospital Clínico.

Así que este ano fumos ver en detalle cómo andaba a nidificación.

DSCN1785

Pero a tarefa era moi dura porque aínda que estabamos a ver un adulto, non viamos poliños por ningures, así que empregamos o telescopio

DSCN1782

E, francamente, estabámonos a desilusionar un pouco porque inda que observabamos ben o adulto, non había rastro de poliños. A Rubia continuaba enganchada ao telescopio e de pronto berrou “vexo polos, vexo moitos polos” completamente alporizada: acaba de descubrir ela soa, efectivamente, 3 polos de gaivota que, supoño eu, debían de estar escondidos tras unha das chemineas.

_DSC9745

Inmediatamente despois apareceu o outro adulto cun gran display

_DSC9751

Intentamos ver o outro lado do tellado, sospeitamos que podería haber máis parellas pero non atopamos ningún lugar con perspectiva.

Tamén o bo é que alí mesmo había un niño de merlo (Turdus merula), velaí o macho levando comida para os polos

_DSC9756

Aínda vimos máis cousas no breve paseo (antes de que a chuvia volvera). Unha familia de pegas (Pica pica)

_DSC9763

E xa na porta de casa, un polo volantón de rabirrubio (Phoenicurus ochruros) que mesmo pillou un insecto diante de nos.

_DSC9780

_DSC9777

E por último un macho de pardal (Passer domesticus) cun bo aporte para construír o niño.

_DSC9783

A historia non rematou aquí. Ao día seguinte -hoxe- a Rubia confesou que as gaivotas eran os seus paxaros favoritos e que quería facer un seguimento detallado dos poliños. Queda moito traballo…

6 opinións sobre “Polos de gaivota

    • Graciñas Sabela. Pois en Vigo tes unhas 1.000 parellas reproductoras, así que tes que ir atenta aos telllados. Nas Cíes hai 15.000 parellas – a colonia máis grande de España- e nesta época vense moi fácil os polos por todas partes.
      Bicos 🙂

      • Hoxe fun a entrenar a baloncesto e vimos a unha gaivota devorando a unha paloma. Isto xa é como a terceira ou cuerta vez que pasa. Nos a espantamos pero ela volvía. Isto é normal?

  1. Pois si, Sabela, é normal. As gaivotas patiamarelas son moi versátiles e intelixentes por eso son capaces de vivir con éxito en ambientes moi diferentes con distintos recursos para comer. Neste caso, as pombas son unha boa fonte de proteínas, por qué non aproveitalas? se aprederon a depredar sobre elas, seguiranno a facer.

  2. Pingback: Os polos das gaivotas | Aves en Santiago de Compostela

  3. Buenas, te sigo desde hace un tiempo, y tenía pendiente poner algún comentario.

    El año pasado allá por julio me di cuenta de que en un tejado cercano a la ventana había un pollo de gaviota. Vivo en una de las zonas más altas del centro y se ven bastantes tejados desde aquí. Me dio por investigar y en total conté 9 pollos en 5 tejados.
    Ayer me dio por mirar donde estaba el nido el año pasado y resulta que hay una gaviota incubando! y me acordé de que tenía pendiente comentar la anécdota aquí… Seguiré de cerca el nido a ver si le puedo hacer unas fotos a los polluelos.

    Para terminar, decirte que me encanta tu blog. Qué alegría ver un blog sobre aves de Santiago. Aprendí y descubrí unas cuantas cosas muy interesantes leyéndote 🙂

Algún comentario?

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s